Willem Schouten
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1577 Hoorn |
| Morte | 1625 Baía de Antongil |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Schouten, Willem Cornelis) Allgemeine Deutsche Biographie Geographicus Rare Antique Maps biographical dictionary of cartographers (en) |

Willem Cornelisz Schouten, nado en 1567, e finado en 1625, foi un navegador neerlandés natural da cidade de Hoorn. Con Jacob Le Maire realizou unha viaxe de exploración do océano Pacífico descubrindo o Cabo de Fornos. As illas Schouten, ó norte da Nova Irlanda, Papúa-Nova Guinea, recibiron o seu nome.
Willem Schouten era un navegante con experiencia que xa tiña feito tres viaxes para a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Xuntouse á Compañía Australiana, organizada en Hoorn, como capitán do Eendracht na expedición de Jacob Le Maire (1615-1616). O seu irmán, Jan Schouten, era o capitán do Hoorn que se incendiou mesmo antes de dobrar o cabo de Fornos, e pouco despois Jan morreu de escorbuto.
Cruzou o Pacífico descubrindo, entre outras illas, as illas Hoorn (Futuna e Alofi en Wallis e Futuna), nome da súa cidade natal. Convenceu a Le Maire a seguir a ruta polo norte da Nova Guinea, doutro xeito irían parar ó perigoso Mar do Coral ó norte de Australia.
O navío foi confiscado en Xava por quebrar o monopolio da Compañía Holandesa das Indias Orientais, e Schouten foi enviado a Ámsterdam. Axiña publicou o relato da viaxe, en 1618, con grande éxito popular e múltiples reedicións e traducións.
Nunha quinta viaxe morreu, en 1625, próximo a Antongil, en Madagascar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Edward Duyker Mirror of the Australian Navigation by Jacob Le Maire: A Facsimile of the ‘Spieghel der Australische Navigatie . . .’ Being an Account of the Voyage of Jacob Le Maire and Willem Schouten 1615-1616 published in Amsterdam in 1622, Hordern House for the Australian National Maritime Museum, Sydney, 1999, pp. 202, ISBN 1 875567 25 9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Relato da viaxe a partir dos diarios de Le Maire, ed. orix. 1621 Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en neerlandés)