Saltar ao contido

Jacob Le Maire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacob Le Maire

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1585 Editar o valor en Wikidata
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1616 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Océano Índico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiIsaac Le Maire Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaximiliaan le Maire Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX996276

Jacob Le Maire, nado en 1585 e finado en 1616, tamén escrito LeMaire ou Lemaire, foi un explorador neerlandés. Nunha viaxe con Willem Schouten, entre 1615 e 1617, abriu unha nova ruta no océano Pacífico descubrindo o estreito de Le Maire e o Cabo de Fornos.

Fillo do hugonote francés Isaac Le Maire, naceu en Anveres, ou en Egmont, daquela parte das Provincias Unidas neerlandesas. Isaac Le Maire era un notábel negociante estabelecido na cidade holandesa de Hoorn. Para competir coa Compañía Holandesa das Indias Orientais (Vereenigde Oostindische Compagnie, VOC) creou a Compañía Australiana (Australische of Zuid Compagnie) e organizou unha viaxe para explotar o suposto continente austral. Jacob Le Maire, o seu fillo máis vello, foi o xefe da expedición, e os dous irmáns Willem e Jan Schouten os capitáns das dúas embarcacións: Eendracht e Hoorn.

Para evitar a exclusividade que tiña a Compañía das Indias Orientais no que respecta ás rutas a través do estreito de Magalláns e do Cabo de Boa Esperanza, Le Maire e Schouten foron máis ó sur descubrindo o estreito de Le Maire, entre a Terra do Fogo e a illa dos Estados, que bautizaron en honra ós Estados Xerais, o Parlamento das Provincias Unidas. Tras descubrir o Kaap Hoorn (Cabo de Fornos), cruzaron o Pacífico seguindo unha ruta semelante á de Fernão de Magalhães, descubrindo diversas illas até chegar a Batavia (Iacarta).

A Compañía das Indias Orientais non creu que descubrisen unha nova ruta mais mesmo así prendeunos por quebrar o monopolio e enviounos de volta a Ámsterdam. Polo camiño, morreu Jacob Le Maire, ós 31 anos.

Durante dous anos, o pai, Isaac Le Maire, loitou contra a Compañía até que finalmente foi recoñecida a nova ruta polo Cabo de Fornos e devolveron o navío á Compañía Australiana pagando as indemnizacións económicas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Edward Duyker Mirror of the Australian Navigation by Jacob Le Maire: A Facsimile of the ‘Spieghel der Australische Navigatie . . .’ Being an Account of the Voyage of Jacob Le Maire and Willem Schouten 1615-1616 published in Amsterdam in 1622, Hordern House for the Australian National Maritime Museum, Sydney, 1999, pp. 202, ISBN 1 875567 25 9.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]