Wikipedia:Votacións para borrar/Rutas e visitas da Pobra do Brollón
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Rutas e visitas da Pobra do Brollón[editar a fonte]
Propoño o borrado do artigo Rutas e visitas da Pobra do Brollón, despois de perder un certo tempo tentando amañalo, por varios motivos:
- O artigo é claramente promocional do concello.
- O artigo contén, quizais, informacións que poderían estar contextualizadas correctamente no artigo sobre A Pobra do Brollón, dentro do seu apartado de Turismo, pero fóra dese marco son inútiles e redundantes.
- As rutas propostas nin sequera están ben descritas, e sería imposible seguilas con esa información (mal referenciadas, sen ligazóns axeitadas...)
- Que criterio se seguiu ao categorizar esas rutas? Son rutas recoñecidas nalgunha guía de camiños oficial? Ou son os sitios por onde lle gusta pasear á IP creadora orixinal? Por respectable que sexa esta última opción, non son contidos enciclopédicos.
Creo que a solución mellor é o borrado e a incorporación dalgúns dos seus contidos, se se ve necesario ao artigo da Pobra do Brollón.
- Borrar --Xabier Cid Conversa 13:19, 24 maio 2008 (UTC)
- Borrar Unha fusión, vaia; Aproveitar o que se poida e o resto ó lixo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:23, 24 maio 2008 (UTC)
- Borrar -- Por subxectivo e non enciclopédico. Arco de Rayne 13:28, 24 maio 2008 (UTC)
- Borrar Miguel.lima 20:04, 26 maio 2008 (UTC)
- Pregunta: Non se adoita nistes casos levar unha mensaxe nas páxinas de conversa dos principales editores do artigo, para decirlle que o artigo esta proposto a borrar, dandolle a ligazón ? ElviraConversa comigo 13:32, 24 maio 2008 (UTC)
- así é. Aínda non me deu tempo. Con todo, o 95% do artigo foi creado por varias IPs. --Xabier Cid Conversa 13:36, 24 maio 2008 (UTC). Feito. --Xabier Cid Conversa 13:43, 24 maio 2008 (UTC)