Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo/Arquivo 5
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.
Ugia Pedreira[editar a fonte]
De acordo coas políticas sobre tratamento de biografías de persoas vivas solicito se elimine do historial do artigo Ugia Pedreira esta revisión https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ugia_Pedreira&diff=2826879&oldid=2477138 para que desaparezan os insultos do resumo de edición e do contido do artigo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de febreiro de 2013 ás 16:36 (UTC)
Feito! Grazas polo aviso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21 de febreiro de 2013 ás 19:48 (UTC)
Lista de presidentes de México[editar a fonte]
Este artigo non para de ser vandalizado, utilizando distintas ip, solicito que se poña, de forma temporal, unha protección, para permitir editar só a usuarios autoconfirmados --JaviP96 2 de abril de 2013 ás 21:07 (UTC)
Vandalismo de 85.91.95.244[editar a fonte]
É unha ip dun centro educativo reiteradamente avisada, que xa leva un tempiño volvendo ás andadas. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 5 de abril de 2013 ás 11:20 (UTC)
Bloqueado por dúas horas. --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 11:47 (UTC)
- Volve ás andadas en Cando petan na porta pola noite. --Servando2 (Dime) 12 de abril de 2013 ás 11:25 (UTC)
Vandalismo de ip. 91.117.19.247[editar a fonte]
Solicito o bloqueo desta ip que está a realizar vandalismos. --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 20:59 (UTC)
vandalismo de ip 85.91.85.178[editar a fonte]
vandalismo desde este ip e do usuario Ubundaichi --Servando2 (Dime) 2 de maio de 2013 ás 12:30 (UTC)
- Revertidos os vandalimos e avisados os usuarios. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2013 ás 13:04 (UTC)
Vandalismo de 81.36.149.31[editar a fonte]
Que se empeña en traducir ao castelán o artigo de Dolores Redondo Meira. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 6 de maio de 2013 ás 06:37 (UTC)
Feito!, bloqueado por un día. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2013 ás 12:14 (UTC)
Vandalismo de ip 85.91.87.244[editar a fonte]
Está a cebarse co artigo de Roberto Vidal Bolaño. Parádelle os pés. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 13 de maio de 2013 ás 14:50 (UTC)
Graciñas, HombreDHojalata, adiantáchesteme! Unha aperta. --Paradanta (Cóntame) 13 de maio de 2013 ás 14:53 (UTC)
Bloqueo a ip 85.91.87.244[editar a fonte]
Este usuario está a vandalizar o artigo da Galipedia, pido que sexa bloqueado. --JaviP96 27 de maio de 2013 ás 16:02 (UTC)
- Feito. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2013 ás 16:31 (UTC)
Guerra Civil Española[editar a fonte]
Nos últimos días teño visto que están a vandalizar o artigo da Guerra Civil Española (non sei agora se só unha ip ou varias, o que teño claro é que é a mesma persoa porque sempre introduce o mesmo texto). Podería pecharse a páxina para que só podan editar nela usuarios rexistrados? É unha páxina que polo tema que trata é moi susceptible de ser vandalizada agora e no futuro. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 16:14 (UTC)
Protexida por unha semana. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11 de xuño de 2013 ás 17:03 (UTC)
Reganosa[editar a fonte]
Podedes vixiar o artigo Reganosa? Hai un usuario rexistrado como RGNS (ReGaNoSa) que está a editar no artigo (só nese) e creo que o está adulterando por interés. Grazas, Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 16:00 (UTC)
- Independentemente do que decidan os administradores só por destruír contido (eliminou unha parte para meter a súa edición, que desde o meu punto de visto viola o punto de vista neutral diante un posible conflito de intereses) calquera usuario pode reverter a edición, e iso foi o que fixen.--Sernostri (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 16:16 (UTC)
vandalismo en Afonso X o sabio[editar a fonte]
Mirade por un vandalismo en Afonso X o Sabio. --Servando2 (Dime) 29 de outubro de 2013 ás 12:24 (UTC)
- Amañado no seu día por Estevoaei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de febreiro de 2014 ás 12:56 (UTC)
Conversa:Marea viva y 85.91.84.232[editar a fonte]
Hola. Solicito borrado y bloqueo para la IP por vandalismo persistente y continuo.
Nota: Perdón pero solicitarlo en castellano, mi galego es MUY básico. --Alan (talk) 13 de febreiro de 2014 ás 12:04 (UTC)
Feito! Amañado por Estevoaei e HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de febreiro de 2014 ás 13:00 (UTC)
IP 193.144.97.214[editar a fonte]
A IP 193.144.97.214 está a realizar unha longa serie de actuacións vandálicas, até o momento todas revertidas, penso que sería axeitado un pequeno bloqueo mentres non se calme a cousa.--Adorian (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 08:44 (UTC)
Feito! Bloqueado 1 semana, a ver se así se calma a cousa. --AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 09:11 (UTC)
- Ola. Este semella ser o típico caso de IP compartida entre varios centros educativos de Galicia. Os rapaces adícanse a vandalizar en varios idiomas e hoxe chegou un bloqueo global dende meta.wiki para esta IP, que me fastidiou dúas clases porque quedamos sen o recurso da wiki na aula. Nós temos educación de adultos, así que os nosos penso que non son. Rastrexando en meta.wiki enteireime de que están poñendo incluso nomes e apelidos, sexan seus ou sexan de compañeiros, por meterse con eles. Un exemplo é este e outro este. Metendo no buscador eses nomes penso case se pode saber de que centro son (ou sen case). Aviso por se afecta a algún compañeiro que traballe en centro educativo. A ver se entre todos imos solventando este problema, que realmente complica a implantación do traballo wiki en centros educativos de Galicia. Moitas grazas polo traballo e pola atención a tódolos administradores.--AArizaga (conversa) 3 de abril de 2014 ás 17:13 (UTC)
- @AArizaga: poderías poñer aquí a IP da que estás a falar a ver se podo desbloqueala. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 18:43 (UTC)
@AArizaga: xa me responderon en meta-wiki. Polo visto o bloqueo foi realizado por meta:User:Matanya, ás 8:00 e ten unha duración de un día, polo que en principio mañá xa poderás usar a IP sen problema. Se aínda así tes algún problema dimo para que lle escriba directamente a ese usuario e que o desbloquee. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 22:45 (UTC)
Vandalismo excesivo para eliminar no artigo Luís Martínez-Risco Daviña[editar a fonte]
Solicito o borrado definitivo de vandalismo excesivo no artigo de Luís Martínez-Risco Daviña presente no historial: [1],--Sernostri (conversa) 2 de maio de 2014 ás 13:46 (UTC)
Feito! Vandalismos no artigo e nos resumos de edición ocultados e artigo semiprotexido. --. HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2014 ás 21:14 (UTC)
Usuario:Jeppiz[editar a fonte]
Boas. Solicito o bloqueo do Usuario:Jeppiz por facer continuamente movementos contrarios ás políticas da Galipedia na páxina Pietarsaari. As únicas contribucións son trasladar periodicamente a páxina a Jakobstad, cando a forma do 1eiro editor é a outra, como se explica na conversa. --Norrin (Fálame) 31 de xullo de 2014 ás 09:24 (UTC)
- Solicito tamén a protección do artigo ante movementos. Saúdos! --Norrin (Fálame) 31 de xullo de 2014 ás 09:38 (UTC)
- Apliquei unha protección leve ao artigo e fixen unha advertencia ao usuario. --. HombreDHojalata.conversa 31 de xullo de 2014 ás 15:08 (UTC)
Vandalismo do usuario : Victor13palas[editar a fonte]
Desfixen 2 edicións deste usuario por vandalismo no artigo Parsec. --Xabier Cancela (fálame) 22 de setembro de 2014 ás 19:38 (UTC)
- Grazas polo aviso, xa lle deixei unha nota na súa conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2014 ás 20:53 (UTC)
195.57.19.99[editar a fonte]
Vandalismo de Especial:Contribucións/195.57.19.99 en dous artigos, xa desfeito -- —o anterior comentario sen asinar foi feito por 72.5.190.134 (conversa • contribucións)
- Grazas pola súa colaboración. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 10:29 (UTC)
Miroslav_xd13[editar a fonte]
Vandalismo en Número racional, xa desfeito, última versión válida recuperada —o anterior comentario sen asinar foi feito por 72.5.190.135 (conversa • contribucións)
- Grazas pola súa colaboración. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 18:37 (UTC)
Lista de presidentes de México - Conversa usuario:Natalia mota ferretis[editar a fonte]
Ola! O usuario Conversa usuario:Natalia mota ferretis leva 3 edicións xa revertidas no artigo Lista de presidentes de México, deixei os avisos na súa páxina de conversa, poño o aviso aquí xa que se hai que tomar máis accións (bloqueo/protección páxina) tócavos aos admins :). Grazas! ☣Banjo tell me 16 de febreiro de 2015 ás 23:16 (UTC)
- bloqueada por dúas semanas. Grazas por estar atento, Banjo. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 00:16 (UTC)
Especial:Contribucións/62.42.161.15[editar a fonte]
Fala por sí mesmo. Conversa usuario:62.42.161.15 - ☣Banjo tell me 25 de febreiro de 2015 ás 18:35 (UTC)
- Bloqueado por 15 días. Tomo nota para vixialo pasado ese prazo pero nada lle vai impedir reaparecer con outra IP cando queira. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 19:03 (UTC)
Especial:Contribucións/90.163.74.114 en Festival de Eurovisión[editar a fonte]
Revertín as súas edicións engadindo datos falsos sobre os gañadores dúas veces, deixei dous avisos na conversa. Posiblemente habería que protexer a páxina para que só os usuarios rexistrados poidan editala, sobre todo agora que se achega unha edición nova do festival de marras. -☣Banjo tell me 12 de marzo de 2015 ás 21:07 (UTC)
Especial:Contribucións/82.219.31.109 en Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2015[editar a fonte]
Vandalismo de Especial:Contribucións/82.219.31.109 en Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2015, xa revertido. ☣Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 10:40 (UTC)
- Reiterado en Miguel de las Cuevas, xa revertido tamén ☣Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 10:53 (UTC)
- Reiterado en Usuario:Banjo, xa revertido tamén. ☣Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 10:57 (UTC)
- 13 de marzo de 2015 ás 14:48: Mardetanha (meta.wikimedia.org) bloqueou globalmente a "82.219.31.109" (remata o 14 de marzo de 2015 ás 21:48) (Cross-wiki abuse). --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2015 ás 19:05 (UTC)
Arte gótica[editar a fonte]
Alguén pode protexer o artigo arte gótica? Está a sufrir reiterados vandalismos. Grazas! Piquito (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 13:25 (UTC)
Feito! só permitida a edición a usuarios autoconfirmados por unha tempada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 20:19 (UTC)
193.144.97.214[editar a fonte]
Acabo de bloquear a IP 193.144.97.214 por vandalismo en diferentes artigos. Non tería nada que dicir, pero resulta que levamos bloqueada a mesma IP 6 veces no que vai de ano, e 4 veces máis nos dous meses anteriores. ¿Ten solución este problema? Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 13:55 (UTC)
- Tamén as IP 193.144.37.214 e 193.144.37.215, con 3 e 6 bloqueos, respectivamente, no que levamos de 2015, máis 7 e 6 en 2014. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 14:31 (UTC)
- Lameiro, unha forma de minimizar estes vandalismos é mellorar os Wikipedia:Filtro de abusos pero aínda non tiven tempo de revisar e traducir a documentación asociada para poñelos a funcionar como é debido. Téñoo na lista de tarefas pendentes pero non dou atopado tempo para poñerme con iso, cando o revise teño pensado facer unha serie de propostas usando esa ferramenta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2015 ás 20:24 (UTC)
Especial:Contribucións/82.219.31.109[editar a fonte]
Vandalismo xeralizado en 4 artigos, xa revertidos. ☣Banjo tell me 27 de marzo de 2015 ás 09:54 (UTC)
Feito! Bloqueado e informado ;), grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 10:08 (UTC)
Ocultar información privada[editar a fonte]
Hola, quizás deberían considerar ocultar esta edición, y ésta otra. Saludos.--Syum90 (conversa) 27 de abril de 2015 ás 11:51 (UTC)