Economía de Nova Zelandia
Economía de Nova Zelandia | |
---|---|
Moeda | Dólar neozelandés |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, OCDE, APEC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 119,2 mil millóns (2010) |
Posición do PIB | 63ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 2,1% (2010) |
PIB per cápita | $ 28.000 (2010) |
PIB por sector | agricultura 4,6%, industria 24%, comercio e servizos 71,4% (2010) |
Inflación | 2,6% (2010) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 2,32 millóns (2010) |
Forza de traballo por sector | agricultura 7%, industria 19%, comercio e servizos 74% (2006) |
Desemprego | 6,5%% (2010) |
Industrias | procesamento de alimentos, produtos de madeira e papel, téxtiles, máquinas, equipamentos de transporte, minería |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 33,24 mil millóns (2010) |
Produtos de exportación | produtos granxeiros, carne, madeira e derivados, peixe, máquinas |
Principais mercados | Australia 23,36%, Estados Unidos 9,64%, República Popular da China 9,21%, Xapón 7,1%, Reino Unido 4,21% (2009) |
Importacións | 30,24 mil millóns (2010) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, vehículos e aeronaves, petróleo, electrónicos, téxtiles, plásticos |
Principais mercados | Australia 18,4%, República Popular da China 15,09%, Estados Unidos 10,45%, Xapón 7,24%, Alemaña 4,16%, Singapur 4,12% (2009) (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 64,33 mil millóns(2010) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Durante os últimos vinte anos[cando?] o goberno transformou a Nova Zelandia dunha economía agraria e dependente do mercado británico nunha economía de mercado máis industrializada que pode competir globalmente. Nova Zelandia encádrase entre os países desenvolvidos, cun PIB estimado no 2010 en 119,6 mil millóns de dólares estadounidenses[1]. O país conta cun alto nivel de vida, cun PIB per capita estimado de US$ 28.000. Tamén foi clasificado, no ano 2006, no posto vixésimo no Índice de Desenvolvemento Humano que elabora a Organización das Nacións Unidas.
Un dos principais produtos que exporta o país é o kiwi. Ademais destínase unha ampla superficie a pastos para obter produtos como carne, lácteos e la, vendidos tanto a nivel mundial como ao seu principal socio comercial Australia. Con máis de dez millóns de cabezas de gando vacún, o sector agrario emprega ao 10% da poboación activa e contribúe nun 8% ao produto interno bruto.
A principios da década dos 70, a adhesión do Reino Unido á Comunidade Económica Europea contribuíu a que se producise un estancamento da economía neozelandesa, que tivo que orientarse cara a países de América Latina e o Xapón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/nz.html
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).