Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nikolai Rimskii-Korsakov
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 2 de febreiro de 2021 - 4 de marzo de 2021
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2021 ás 15:12 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 02-02-2021 ata o 04-03-2021.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre este compositor ruso, revisado por varias persoas na votación anterior, é unha tradución dos artigos en inglés e en castelán (ambos marcados como artigos de calidade nas súas respectivas Wikipedias). O artigo trata en profundidade a vida, a súa evolución, a súa obra, e demais aspectos da súa figura. Está ben referenciado, conta cunha ampla sección bibliográfica e sitios web interesantes, está amplamente ilustrado e conta con exemplos de audio, boa categorización e ligado a portais relacionados. --Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2021 ás 15:12 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2021 ás 15:12 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 4 de febreiro de 2021 ás 18:37 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 22:10 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 18 de febreiro de 2021 ás 09:34 (UTC)[responder]
- Concordo. --Nonsonninguen (conversa) 21 de febreiro de 2021 ás 10:18 (UTC)[responder]
- Concordo.--MAGHOI (conversa) 23 de febreiro de 2021 ás 15:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --Viascos (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 18:40 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Veño de revisar as transliteracións mencionadas na anterior votación e penso que xa están corrixidas, se ben pode que se me pasara algunha. Sobre os títulos das obras, certamente traduciría a maior parte deles, xa que de feito hai artigos que crearon outras persoas co título traducido, así que se a comunidade me dá luz verde procederei a eliminar os títulos transliterados e poñer as correspondentes traducións polas que as obras son coñecidas en occidente. Sobre os libros que escribiu aparecen os traducidos ao castelán ao ser aos que seguramente teña acceso o público desta enciclopedia. Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2021 ás 15:12 (UTC)[responder]
- Comentario. Gran traballo.--MAGHOI (conversa) 23 de febreiro de 2021 ás 15:39 (UTC)[responder]
- Comentario. Quero chamar a atención sobre un asunto Piquito. Algunhas das obras de Korsakov teñen ligazón vermella, o cal non ten nada de particular, pero mentres que moitas teñen referencia ao autor no título (Scheherezade (Rimskii-Korsakov)), outras carecen diso, o cal podería complicar a futura creación do artigo (poderían quedar en vermello ainda que o artigo se crease). Non estou certo da política a seguir nestes casos, pero polo que teño visto, o normal é que para evitar duplicacións-confusións, as obras musicáis, libros, etc., levan sempre unha aclaración que as diferencia: (opera), (autor). As que atopéi no artigo son, en orden: Abertura da gran Pascua rusa, Abertura sobre tres temas rusos, Fantasía sobre temas serbios, Kamennii gost (Aleksandr Dargomizhskii), Pskovitianka e Pskovitiaanka (erro tipográfico?), Maiskaia noch, Snegurochka-Vesenniaia skazka, Kuznets Vakula (Chaikovskii??), Kashchei bessmertnyi, Zolotoi Petushok, Snegurochka-Vesenniaia skazka, Skazka o tsare Saltane, Skazanie o nevidimom grade Kitezhe i deve Fevronii, Segunda abertura sobre temas rusos, Noite no monte Triglav, Zhizn za tsaria (Glinka). Tamén aparecen con distintas ligazóns: Sadko (cadro musical) e Sadko (ópera), ademáis de Sadko (Rimskii-Korsakov), Abertura da gran Pascua rusa e Svetlyi prazdnik (semellan ser a mesma obra). Espero as vosas opinións antes de tocar nada. --Viascos (conversa) 26 de febreiro de 2021 ás 09:22 (UTC)[responder]
- Grazas pola revisión Viascos. O criterio que sigo eu (descoñezo se hai algunha política oficial sobre este tema) é poñer os títulos sen máis, no caso de que haxa algunha composición co mesmo título poño entre paréntese o compositor (isto se fai coas sinfonías, por exemplo sinfonía núm. 8 (Mahler) para diferenciala dos miles de oitavas sinfonías que hai, ou temos o caso tamén nas óperas de Otello: Otello (Verdi) e Otello (Rossini)), para distinguir unha composición doutras obras, por exemplo literarias, cadros... tamén pode engadirse entre paréntese o xénero (por exemplo teriamos Faust (ópera), como é a máis coñecida non se pon o compositor, pero si o poriamos en Faust (Spohr)). Non sei se me explico, realmente o normal é que non leven ningunha aclaración, o podes ver por exemplo na Categoría:Óperas en italiano. Dime por favor en que parte do texto aparecen ese erro tipográfico e Kuznets Vakula (Chaikovskii??) para poder corrixir. Graciñas de novo, espero ter sido de axuda. Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2021 ás 10:13 (UTC)[responder]
- Entendido Piquito, paréceme ben o sistema. De todos modos, revisa o que aparece con diferentes ligazóns (ao final do meu anterior comentario: Sadko (cadro musical) e Sadko (ópera), ademáis de Sadko (Rimskii-Korsakov), Abertura da gran Pascua rusa e Svetlyi prazdnik (semellan ser a mesma obra), Pskovitianka e Pskovitiaanka (erro tipográfico?). A de Chaicovski, Kuznets Vakula (Chaikovskii??), aparece na sección "Crecente conservadorismo...", no último párrafo. Fáltame algo por revisar e despóis voto. Bo traballo Piquito. --Viascos (conversa) 26 de febreiro de 2021 ás 18:56 (UTC)[responder]
- Xa están revisados eses títulos, Viascos. Había algúns erros ao poñer os distintos Sadko e eliminei o Sadko (Rimskii-Korsakov) e deixeinos todos cos nomes dos xéneros correspondentes. "Pskovitiaanka" era un erro tipográfico (sobraba un "A"). Finalmente deixei Kuznets Vakula sen máis indicación. Graciñas polas indicacións, un saúdo. Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2021 ás 11:07 (UTC)[responder]
- Ok. Revisión rematada. --Viascos (conversa) 28 de febreiro de 2021 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Xa están revisados eses títulos, Viascos. Había algúns erros ao poñer os distintos Sadko e eliminei o Sadko (Rimskii-Korsakov) e deixeinos todos cos nomes dos xéneros correspondentes. "Pskovitiaanka" era un erro tipográfico (sobraba un "A"). Finalmente deixei Kuznets Vakula sen máis indicación. Graciñas polas indicacións, un saúdo. Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2021 ás 11:07 (UTC)[responder]
- Entendido Piquito, paréceme ben o sistema. De todos modos, revisa o que aparece con diferentes ligazóns (ao final do meu anterior comentario: Sadko (cadro musical) e Sadko (ópera), ademáis de Sadko (Rimskii-Korsakov), Abertura da gran Pascua rusa e Svetlyi prazdnik (semellan ser a mesma obra), Pskovitianka e Pskovitiaanka (erro tipográfico?). A de Chaicovski, Kuznets Vakula (Chaikovskii??), aparece na sección "Crecente conservadorismo...", no último párrafo. Fáltame algo por revisar e despóis voto. Bo traballo Piquito. --Viascos (conversa) 26 de febreiro de 2021 ás 18:56 (UTC)[responder]
Nikolai Rimskii-Korsakov (votación de 2018)
[editar a fonte]Votación PECHADA: Retirada
Período de votación: 24 de novembro de 2018 - 27 de novembro de 2018
SI: 0 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Retirada |
- Proposto por: Piquito (conversa) 24 de novembro de 2018 ás 21:08 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 24-11-2018 ata o 24-12-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre este compositor ruso (primeira proposta de artigo de calidade dun compositor dese país). Traducido dos homónimos en castelán e inglés (ambos artigos de calidade). O artigo trata en profundidade a vida, a súa evolución, a súa obra, e demais aspectos da súa figura. Está ben referenciado, conta cunha ampla sección bibliográfica e sitios web interesantes, está amplamente ilustrado e conta con exemplos de audio, boa categorización e ligado a portais relacionados. --Piquito (conversa) 24 de novembro de 2018 ás 21:08 (UTC)[responder]
- A favor
# Concordo. --Piquito (conversa) 24 de novembro de 2018 ás 21:08 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Polo menos ata que se arranxen os problemas sinalados nos marcadores de aviso. --Chairego apc (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 18:13 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Chairego apc, fun poñendo a transliteración en galego dos nomes a medida que fun traducindo o artigo, pode que algún quedara polo camiño ou me engañara con algún caracter, pero a gran maioría deberían estar. Posteriormente á tradución que fixen eu Breogan2008 fixo unha revisión a petición miña. Logo de retirar o marcador AMPERIO mudou unha transliteración errónea, e case dous meses despois incluiuno como artigo destacado no Portal:Rusia... (deberon sair os erros logo de maio, que é cando se fixo destacado Portal:Rusia/Biografía destacada/10). Isto polo que respecta aos nomes rusos. Sobre os títulos das obras, indíquense cales e se correxirán, se son os libros seus publicados aparecen co título orixinal e os títulos en castelán e inglés (que son os que as lectoras da Galipedia seguramente buscarán, non a versión en ruso transliterado). Para rematar, hai moito que propoño artigos de calidade, fixen unha chea de propostas, moitas saíron e unhas cantas non, cando empecei a xente lía o artigo, corrixía as cousas que vira que non estaban ben, debatíanse aspectos que puideran ser mellorables (se os había), e votábase de acordo coa calidade dos contidos do artigo... agora se mira por riba, sen corrixir, ponse un marcador, e se espera a que quen fixo a proposta solucione todo, mentres moita xente deixa o seu voto negativo polo camiño ao ver que o artigo ten marcadores e posiblemente non volva mirar o artigo e quede así na votación... dende logo para min ese non é o camiño, se cadra é o que a comunidade quere seguir. Un saúdo, Piquito (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:35 (UTC)[responder]
- Ante a segunda metade do comentario anterior só teño que dicir unha cousa: asume a boa fe, grazas. --Chairego apc (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:44 (UTC)[responder]
- Chairego apc, non sei a que parte do meu comentario te refires. Piquito (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 23:01 (UTC)[responder]
- Ante a segunda metade do comentario anterior só teño que dicir unha cousa: asume a boa fe, grazas. --Chairego apc (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:44 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Se é que ademais as obras musicais están na lingua orixinal, se non se me pasou algunha (Noch pered Rozhdestvom, Kuznets Vakula, Pskovitiaanka, Snegurochka-Vesenniaia skazka, Maiskaia noch, Skazanie o nevidimom grade Kitezhe i deve Fevronii...), o marcador está mal posto. En fin... Piquito (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 00:33 (UTC)[responder]
- Por alusións... O Portal:Rusia nada ten ver con esta votación, unha cousa é destacar un artigo por que os seus contidos sobre un tema son suficientes como para destacalos sobre o resto de artigos de compositores rusos que hai, e outra ben distinta é que por estar engadido nese portal como destacado o artigo xa sexa de calidade. De feito hai varios artigos destacados no Portal:Rusia que non son de calidade, véxase por exemplo Aleksei Nikolaevich Romanov, Constantino Nikolaevich de Rusia ou Anastasia Nikolaevna Romanova. Polo que son cousas que nada teñen que ver e non sei por que sae nesta votación.
- En canto ás transliteracións, Анатолий translitérase como Anatolii. Мико́ла Віта́лійович Ли́сенко -> Mikola Lisenko (os tiles non existen no ruso/ucraíno ou polo menos non serven para o mesmo que no castelán/galego. Se neste caso aparecen é para indicar como é a pronunciación, xa que do contrario pode significar algo totalmente diferente, por exemplo замо́к [za-mók] – cerradura e за́мок [zá-mak] – castelo). Alexander Nevski (en inglés) -> Александр Невский -> Aleksandr Nevskii (transliterado), ou en calquera caso Alexandre Nevskii, xa que neste caso esta referíndose ao nome dun monarca.
- Sobre os títulos, A doncela de neve, A noite de maio, Concepcións poéticas dos eslavos sobre a natureza, Abertura da gran Pascua rusa, Noite no monte Triglav, Procesión dos nobres de Mlada e a Canción do mercader indio... entre outros, que dubido que teñan nome en galego. Sobre que o orixinal está en ruso, vale, pero se non hai nome en galego se pon transliterado, do mesmo xeito que Der Ring des Nibelungen aparece en alemán e non como O anel dos Nibelungos. Así que reitero o dito por Chairego apc, asume a boa fe e non lle busques tres pés ao gato. --AMPERIO (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 11:35 (UTC)[responder]
- De todos modos, xunto coa transliteración do título orixinal ruso penso que sería conveniente poñer entre paréntese a tradución literal ao galego, xa que non sempre é facilmente recoñecible unha obra que, por outra parte, pode ser moi coñecida polo seu significado traducido. Eu creo que está ben poñer "Der Ring des Nibelungen (O anel do nibelungo)", especialmente en idiomas como o ruso cos que pouca xente está familiarizado.--Miguelferig (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 19:37 (UTC)[responder]
- Exacto Miguelferig, aforráchesme a explicación. Engado ademais que a transliteración do ruso carece de utilidade, non vas atopar en case ningún lugar unha obra escrita en ruso transliterado, non se fai, o ruso é unha lingua sen utilidade práctica no ámbito musical, as obras non poden quedar co texto ruso transliterado sen mais porque a xente non sabería de que se está a falar, hai que darlle ferramentas para que poida acceder a esas obras, sería máis axeitado poñelas en inglés ou alemán, que son as linguas que si se empregan e polas que si podes atopar as cousas (se metes en YouTube o título en ruso transliterado o máis seguro é que non atopes nin gravacións de orquestras alemás, francesas, americanas... só rusas, e con sorte), ou mesmo en francés (menos empregada pero que si ten uso), ou en castelán (que tamén atopas case todo porque hai moito público de países de fala hispana). Sobre as transliteracións, AMPERIO citas dous nomes que nin sequera aparecen no artigo, revisando o mesmo só hai un "Iván" e un "César" (este último por certo aparece así nas listas da Galipedia, e sendo un compositor coñecido pode que mesmo haxa referencias ao seu nome co til en galego, pero non mirei). Eu sempre asumo a boa fe, pero as túas argumentacións para poñer eses dous marcadores sen máis, sen consultar o porqué da tradución dos títulos (que están na lingua orixinal, no marcador di que non, así que o marcador minte sobre o artigo), ou por dous nomes propios en todo o artigo, poñer os marcadores en lugar de sinalar eses aspectos na votación (máis aínda cando os casos son tan escasos) case parece máis unha campaña de desprestixio que outra cousa, porque parece que o artigo estea inzado de nomes mal transliterados, cando non é así. Sobre o portal, está claro que nada ten que ver unha cousa coa outra, pero por que no seu momento non puxeches os marcadores se había tantas cousas mal? A iso me refiro cando falo do portal. Piquito (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 21:47 (UTC)[responder]
- De todos modos, xunto coa transliteración do título orixinal ruso penso que sería conveniente poñer entre paréntese a tradución literal ao galego, xa que non sempre é facilmente recoñecible unha obra que, por outra parte, pode ser moi coñecida polo seu significado traducido. Eu creo que está ben poñer "Der Ring des Nibelungen (O anel do nibelungo)", especialmente en idiomas como o ruso cos que pouca xente está familiarizado.--Miguelferig (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 19:37 (UTC)[responder]
- Piquito, como comprenderás teño cousas mellores que facer que iniciar unha "campaña de desprestixio" contra ti. Preguntas que por que non puxen antes os marcadores se había tantas cousas mal, eu que sei! Cando o lin a primeira vez, creo que por marzo, non me debín de fixar nesas cousas, ou ben o lin por riba. Estas asumindo mala fe pola miña parte so por que engadín dous marcadores de atención cando abriches a votación e non o fixen antes! Sobre os nomes, non os inventei eu, os saquei do artigo (Anatoli de feito aparece ata en 4 ocasións, Mikóla o tés en Alumnos), de novo estas asumindo mala fe, dando a entender con "citas dous nomes que nin sequera aparecen no artigo" que os saquei da manga. Sobre os títulos dos nomes en ruso, eu non redactei a política que di que teñen que estar na súa forma orixinal se non están en galego, non falo en ningún momento do nome dos libros (que por certo, eran libros en castelán que traduciches ao galego e puxeches de novo en castelán tras poñer eu o aviso...), falo do nome das obras musicais. Xa indiquei varios nomes que atopei no corpo do artigo, que non aparecen acompañando a ningunha transliteración, senón que son unha tradución que fas ti, imaxino que do título en castelán.
- Así que sinto se che pareceu unha ofensa cara o teu traballo que colocara os marcadores ("lo siento, me he equivocado, no lo volveré a hacer"...), pero en ningún momento fixen algo que non se faga habitualmente por outros usuarios. Moito menos podes asumir que actuei de mala fe, como estás dando a entender nos teus comentarios, menos aínda cando sabes perfectamente que teño revisados moitos dos teus artigos e substituído errores en moitos deles, incluíndo este mesmo. Non vou continuar con esta discusión que non vai a ningún lado, se queres quitar os marcadores e así quedas máis tranquilo, para poder ter máis votos, adiante... --AMPERIO (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 23:30 (UTC)[responder]
- AMPERIO, a min o dos votos tanto me ten, o que non me parece de recibo é que se inclúa un marcador como o que puxeches dos títulos das obras sen ter en conta certas consideracións que xa quedaron explicadas antes, e tampouco me parece normal que agora mires eses nomes con erros na transliteración e os deixes sen corrixir (que xa que pasabas o traballo de buscalos, puñas o editor visual e os corrixías de paso e quedaban ben, se tes vontade de mellorar o artigo), e como tantas outras veces se deixe todo o traballo a quen propón o artigo. Obviamente vou retirar o marcador dos títulos por todo o xa explicado. De feito procedo a pechar a votación. Piquito (conversa) 26 de novembro de 2018 ás 23:49 (UTC)[responder]