Portal:Rusia/Biografía destacada/10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nikolai Andreevich Rimskii-Korsakov (en en ruso: Никола́й Андре́евич Ри́мский-Ко́рсаков nʲɪkəˈlaj ɐˈndrʲejɪvʲɪtɕ ˈrʲimskʲɪj ˈkorsəkəf (AFI)Ru-Nikolai Rimsky-Korsakov.ogg escoitar), nado en Tikhvin, Novgorod o 6 de marzoxul./ 18 de marzo de 1844greg., e finado en Lubensk, San Petersburgo o 8 de xuñoxul./ 21 de xuño de 1908greg., foi un compositor, director de orquestra e pedagogo ruso membro do grupo de compositores coñecido como Os Cinco. Aínda proseguindo a liña Berlioz - Liszt - Wagner, seguiu fiel ao ideal dun estilo nacional. Considerado un mestre da orquestración, as súas obras orquestrais máis coñecidas —o Capricho español, a Abertura da gran Pascua rusa e a suite sinfónica Scheherezade— son valoradas entre as principais do repertorio de música clásica, así como as suites e fragmentos de algunha das súas quince óperas, e sobresaen pola súa instrumentación ricamente coloreada e chea de virtuosidade. Scheherezade (1888) é un exemplo do seu emprego adoito dos contos de fadas e temas populares...