Colocación do pronome átono en galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego


Por regra xeral, o pronome átono vai colocado sempre detrás do verbo e pegado a el.

Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Gustoume a película A película me gustou
Onte vinte pola rúa Onte te vin pola rúa

Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:

  • As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que, ...) se ...
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Dixo que te vira onte Dixo que vírate onte
Se llo regalas, terás un premio Se regálasllo, terás un premio
  • Os adverbios de negación (non, nunca, xamais)
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Non o vin Non vino
  • Os adverbios de dúbida (quizais, talvez, seica, disque)
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Quizais che pregunte mañá a lección Quizais pregúnteche mañá a lección
Seica te veu ver teu pai Seica veute ver teu pai
  • Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, sempre, aínda, aquí, aí, alí, máis, menos ...
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Xa cho dixo aquela rapaza Xa díxocho aquela rapaza
llo contei á miña sogra Só conteillo á miña sogra
Sempre te estás a meter comigo Sempre estaste a meter comigo
Aínda cho pedín o outro día Aínda pedincho o outro día
Máis nos valería marchar Máis valeríanos marchar
Aquí o tes Aquí telo
  • Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Canto lle deches ... ? Canto décheslle ... ?
  • Algúns indefinidos: ninguén, alguén, calquera, mesmo, algo, nada, bastante, ...
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Ninguén mo dixo Ninguén díxomo
Nada che debo Nada déboche
  • Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás:
    • Cando o precede unha preposición
Pronome ben colocado
Para dicirlle iso cómpre valor

Para lle dicir iso cómpre valor

    • Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do infinitivo (teño que dicirche)
Pronome ben colocado Pronome mal colocado
Téñoche que dar unha boa noticia

Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia

Che teño que dar unha boa noticia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]