Wikipedia:Artigos bos/Propostas/1346
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 8/11/2017 - 8/12/2017
SI: 6 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 09:44 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 08-11-2017 ata o 08-12-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo bastante completo e ben referenciado sobre unha efeméride, traducido e adaptado do homónimo en lingua inglesa. A lista na sección "Acontecementos" duplica de forma consciente os feitos narrados nas seccións seguintes xa que precísase para o artigo da década correspondente. Malia ter marxe de mellora e ampliación, creo que senta unha boa base de modelo de artigo sobre un ano. --☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 09:44 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 09:44 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 16:34 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 22:41 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2017 ás 17:53 (UTC)[responder]
- Concordo --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 17:26 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 6 de decembro de 2017 ás 19:30 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo Explico abaixo. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 12:57 (UTC)[responder]
- Discordo. Considero que un artigo sobre efemérides vai ser sempre incompleto e parcial nos contidos. Incompleto porque dificilmente vanse poder indicar todos os acontecementos dun ano en concreto, haberá que salientar os máis destacados, e é nese punto onde entra a parcialidade. O artigo ten un marcado carácter eurocentrista no momento en que todos os acontecementos que se destacan na primeira sección desenvólvense en Europa, mesmo os acontecementos que se narran na sección de "Asia occidental" son realmente historia europea, xa que narran feitos que teñen lugar en Crimea (Ucrania) e en Xeorxia (que si, é Asia xeograficamente, pero daquela maneira nas consideracións culturais). Sorprende a total ausencia de referencias a África (nin sequera ao norte do continente baixo dominio musulmán), non controlo do tema, pero é canto menos curioso que ao longo de todo o ano non tivera pasado nada no norte de África. Só naceu e morreu xente importante en Europa durante ese ano (a pesar de que se di que Qazan morreu ese ano -supoño que o khan non foi unha personalidade tan destacada como o criminal Eustace Folville)... con todo isto quero poñer de manifesto o eurocentrismo/occidentalocentrismo do artigo en particular e o gran problema que presentan estes artigos sobre efemérides en xeral, motivo polo cal discordo de outorgarlle calquera distinción. É un artigo útil? Si. É un bo traballo de tradución? Si. Pero non ten un punto de vista neutral porque se fundamenta nunha visión do mundo que pon a Europa ou occidente como centro. Piquito (conversa) 6 de decembro de 2017 ás 23:53 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Penso que sería ousado pola nosa parte darlle a categoría de bo a este artigo. Se ben é certo que recolle moita máis información que o resto de artigos sobre efemérides, non considero que por ese motivo xa mereza ser bo. Estou convencido que houbo moitos máis sucesos, nacementos e mortes que se poden engadir, e que engadirían maior riqueza ao artigo. Por poñer un exemplo, en 1346 naceu o duque Filipe I de Borgoña, do que por certo non temos artigo, e non aparece reflectida a efeméride no listado de nacementos. O mesmo pasa con Xurxo V de Xeorxia, quen finou nese ano. Así que, se ben o artigo contén información relevante que non se inclúe noutros artigos similares, carece de outra moita información. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 12:57 (UTC)[responder]
- @AMPERIO: Filipe I de Borgoña naceu en 1345 segundo a Enciclopedia Britannica [1], algo que xa comprobara cando fixen a tradución e por iso non o engadín. Engadín agora a morte de Xurxo V de Xeorxia con referencia. Convídoche a engadir e enriquecer o artigo todo o que consideres necesario para que nun futuro poida votarse para artigo de calidade, pero agás que falte algún evento fundamental na historia mundial nese ano, non concordo en que non sexa o suficientemente amplo para merecer ser artigo bo. ☣Banjo tell me 20 de novembro de 2017 ás 13:15 (UTC)[responder]
- @Banjo: me temo que tamén hai referencias para 1346. Segundo Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne Tome IX p. 2 "Filipe de Rouvres naceu a finais de agosto ou comezos de setembro de 1346". Tamén o podes ver na Enciclopedia Larousse --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 15:43 (UTC)[responder]
- Queda engadido logo con esa referencia, entendo máis fiable que a Británica. Grazas por indicala. ☣Banjo tell me 20 de novembro de 2017 ás 15:59 (UTC)[responder]
- É unha mágoa que non existan as categorías de "nados" e "finados" dese ano, pero como non existe ningún artigo deses... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 17:26 (UTC)[responder]
- @Banjo: me temo que tamén hai referencias para 1346. Segundo Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne Tome IX p. 2 "Filipe de Rouvres naceu a finais de agosto ou comezos de setembro de 1346". Tamén o podes ver na Enciclopedia Larousse --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 15:43 (UTC)[responder]