Wikipedia:Comparación de criterios entre artigos bos e de calidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están os estándares para os artigos bos e de calidade listados lado a lado.

Un artigo bo é un artigo satisfactorio que ten os seguintes atributos:

1. Ben escrito. Prosa clara e un estilo que cumpre con certos aspectos do libro de estilo, en particular, a cabeceira é un resumo conciso de todo o artigo.
2. Preciso e verificable. Contén notas ao pé ou referencias de fontes confiables.
3. Extenso. Cóbrense os principais temas sen detalles innecesarios.
4. Neutral. Presenta os diferentes puntos de vista con xustiza e sen nesgos.
5. Estable. Non cambia significativamente dun día para outro.
6. Imaxes. Uso de imaxes axeitado con licenza e fonte especificadas. Sempre que sexa posible.

Un artigo de calidade exemplifica o mellor do noso traballo e estándares profesionais de escritura e presentación. Ten os seguintes atributos:

1. Alta calidade e fiabilidade Ten: (a) escritura profesional; (b) cobertura comprensiva dos principais temas, detalles e contexto; (c) exactitude baseada nos feitos, con citas para verificación contra fontes de confianza; (d) presentación neutral dos puntos de vista; (e) contido estable.
2. Estándares de estilo. Cumpre co libro de estilo en todos os detalles.
3. Imaxes. Uso de imaxes axeitado con licenza e fonte especificadas. Sempre que sexa posible.
4. Extenso. Extensión axeitada, manténdose centrado no tema principal sen incorrer en detalles innecesarios.

Similitudes[editar a fonte]

  • Os requirimentos de neutralidade son iguais.
  • Ambos os tipos deben manterse centrados no tema principal sen incorrer en detalles innecesarios.
  • Os dous requiren estabilidade, exactitude baseada nos feitos, e uso de imaxes axeitado con licenza correcta.
  • Non hai requirimentos de extensión en ningún dos dous criterios. Os ACs tenden a ser longos, e o sistema de AB está deseñado orixinalmente para recoñecer excelentes artigos curtos.

Diferenzas[editar a fonte]

  • Os artigos de calidade deben ser noso mellor traballo; os bos son soamente satisfactorios.
  • Un artigo bo debe estar razoablemente ben escrito; un de calidade debe ter un estándar profesional de escritura que é convincente, inclusive brillante.
  • Un artigo de calidade debe ser exhaustivo; un bo debe ser amplo. Os estándares de exhaustividade requiren que todos os puntos principais estean elaborados en detalle, os de amplitude soamente requiren unha cobertura destes.
  • Os artigos de calidade normalmente son obxecto de maior revisión para asegurar a exactitude baseada nos feitos e verificalidade. En particular, os requerimentos de citas en liña son máis estritos.