Wang Shizhen
| Nome póstumo | 文簡 |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 1634 |
| Morte | 1711 |
| Ministro de Xustiza | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo han |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, político |
| Familia | |
| Pai | Wang Yuchi Wang RR |
| Irmáns | Wang Shilu Wang Shihu |
| Descrito pola fonte | Qingdai Xuezhe Xiangzhuan Biografía das 700 personalidades senlleiras da dinastía Qing, (p.1744-1746) Guochao Xianzheng Shilüe |
Wang Shizhen (en chinés: 王士禛; pinyin: Wáng Shìzhēn; Wade-Giles: Wang2 Shih4-chen1), nome de cortesía Zizhen 子真 ou Yishang 贻上, nado no 1634 e finado no 1711, foi un poeta e erudito chinés da dinastía Qing.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wang Shizhen naceu na provincia de Shandong.[2][3] Tivo unha próspera carreira como funcionario imperial, chegando a ser presidente do Ministerio de Censura no 1698, e da Xunta de Castigos no 1699.[2] Publicou a súa primeira colección de poesía aos 14 anos, e cara ao 1661 xa tiña unha enorme reputación literaria.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Durante a súa vida, escribiu unhas vinte escolmas de poesía, e editou múltiples antoloxías.[2] Elaborou a súa propia poética, centrada arredor da noción de shenyun 神韵 ("graza, elegancia"), que combina a realidade obxectiva coa subxectividade da interioridade do creador.[2] A súa teoría da literatura estivo moi influenciada polas Ershisi shipin 二十四诗品 ("As vinte e catro categorías da poesía"), de Sikong Tu 司空图, unha das principais poéticas chinesas.[3]
A súa obra foi frecuentemente comparada coa de Zhu Yizun (1629-1709), até o punto de que ambos eran coñecidos coma nan Zhu bei Wang 南朱北王 ("Zhu do norte e Wang do sur"), en referencia ás súas rexións de orixe.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Yu yang shiji 渔洋诗集
- Yu yang wen lüe 渔洋文略
- Chi bei ou tan 池北偶谈
- Can wei ji 蚕尾集
- Xiang zu biji 香祖笔记
- Ju yi lu 居易录
- Yuyang shihua 渔阳诗话
- Gan jiu ji 感旧集
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wang Shizhen Arquivado 16 de febreiro de 2024 en Wayback Machine. (Baidu)