Vía da Prata
Tipo | xacemento arqueolóxico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | provincia de León, España, provincia de Zamora, España, provincia de Salamanca, España, Provincia de Cáceres, España e Provincia de Badaxoz, España | ||||
Localización | Emerita Augusta | ||||
Final | |||||
División administrativa | Gallaecia, Roma Antiga | ||||
Localización | Asturica Augusta | ||||
| |||||
Características | |||||
Ben de interese cultural | |||||
Data | 3 de xuño de 1931 | ||||
Identificador | RI-55-0000036 | ||||
A Vía da Prata ou vía mozárabe é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia ástur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.
Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.
Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Vía da prata
[editar | editar a fonte]Malia o seu nome, non se asocia directamente coa explotación ou comercio da prata durante a súa orixe. O termo procede do árabe "Bal’latta", que significa "camiño empedrado". Esta designación foi utilizada polos musulmáns para referirse a unha ampla e sólida vía romana que unía as cidades de Augusta Emerita (Mérida) e Asturica Augusta (Astorga), facendo uso de camiños preexistentes. A pesar de que a súa orixe etimolóxica non está relacionada co metal, acabou tendo un papel importante no transporte de prata americana durante a época colonial.[1]
Camiño mozárabe
[editar | editar a fonte]Aínda que unha das vías de peregrinación dos mozárabes coincide coa ruta de peregrinación a Santiago, hai outra que vai de Málaga a Compostela que recibe o mesmo nome.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Via-da-prata". www.caminodesantiago.gal/. Consultado o 17 de outubro de 2024.
- ↑ "Caminho de Santiago na Península Ibérica". Google Arts & Culture (en portugués). Consultado o 2024-10-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vía da Prata |