Saltar ao contido

Universidade Libre de Bruxelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vrije Universiteit Brussel»)
Universidade Libre de Bruxelas
 Instancia de
 Parte de
 Forma xurídica
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
 Lingua usada
 Lema
 Texto lema
Scientia Vincere Tenebras Editar o valor en Wikidata
 Historia
Persoas e organizacións
 Cargo dirixente
 Afiliación
 Cadro de persoal
5000 Editar o valor en Wikidata
 Número estudiantes
31606 (2020)
29000 (2018)
24000 (2016)
96 (1834) Editar o valor en Wikidata
 En sociedade con
Datas
 Fundación / creación
1 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
 Acontecementos
Localización
 País
Identificadores
VIAF107144814400619265737 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123480746 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0225ty Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI132053463 e P4310322081 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Redes
Twitter: ulbruxelles Bluesky: ulbruxelles.bsky.social Youtube: UC3leA5MlC1SgQAbQj47fOvw BNE: XX130974 Dialnet: 1988057 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade Libre de Bruxelas (Université Libre de Bruxelles, en francés; Vrije Universiteit Brussel, en neerlandés, ou ULB polas súas siglas) é unha universidade belga francófona. Foi creada en 1834 e conta con varios premios Nobel e unha medalla Fields, amais de ser unha das universidades belgas máis recoñecidas e cosmopolitas, cun 29% de estudantes estranxeiros.

Aínda que o seu nome é o equivalente exacto da Vrije Universiteit Brussel, en lingua neerlandesa, a Université Libre de Bruxelles é totalmente independente desta. Malia isto, as dúas están no campus da Plaine, na comuna de Ixelles.

A ULB fundouse no ano 1834, durante a época posterior á independencia de Bélxica e durante a cal se padeceu unha gran desorganización educativa.

Nesa época, as tres universidades estatais, Gante, Liexa e Lovaina, perden varias facultades. A creación en 1834, da Universidade Católica de Malinas, baixo o impulso dos bispos de Bélxica foi o detonante que empuxou ao liberalismo a reaccionar rapidamente. O avogado Pierre-Théodore Verhaegen, lanzou en xuño de 1834 unha chamada á subscrición en medios liberais con vistas á creación dunha universidade libre que combatería a intolerancia e os prexuízos. Malia isto, rapidamente se avisou a Verhaegen do utópico dos seus proxectos, xa que non dispoñía nin de profesores, nin de locais, nin de diñeiro. Así e todo, o alcalde de Bruxelas, Nicolas-Jean Rouppe, atopou un local no antigo palacio de Charles-Alexandre de Lorraine, na praza do Museo. Verhaegen engadiu ao seu proxecto a Escola de Medicina e atopou profesores entre os homes de experiencia do Museo das Ciencias e das Letras. A facultade de Dereito recaeu en profesores voluntarios, como Henri de Brouckère. Finalmente, o 20 de novembro de 1834, Auguste Baron, dicía, no seu discurso de inauguración:

Xuramos inspirar aos nosos alumnos, sexa cal sexa o obxecto da nosa ensinanza, o amor práctico dos homes irmans, sen distinción de casta, opinión ou nación; xuramos ensinarlles a consagrar os seus pensamentos, os seus traballos, os seus talentos de cara á felicidade e á mellora dos seus concidadáns e da humanidade...

Nos seus primeiros anos levaba o nome de Universidade Libre de Bélxica e tiña catro facultades: filosofía e letras, dereito, ciencias e medicina. A partir de 1836 pasou a chamarse Universidade Libre de Bruxelas.

Alumnos e profesores recoñecidos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]