Saltar ao contido

Voo 447 de Air France

Voo 447 de Air France
Imaxe
(2009)
 Instancia de
 Causado por
 Investigado por
 Elemento operado
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
1 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Mortes
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/064qt1q Editar o valor en Wikidata
Matrícula aeronaveF-GZCP Editar o valor en Wikidata
Número de vooAF447 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 447 da compañía Air France, un Airbus A330, con orixe en Río de Xaneiro e destino a París, tivo o 1 de xuño de 2009 un accidente no océano Atlántico. Estando prevista a súa chegada ó aeroporto Charles de Gaulle ás 11:10, os radares perdéronlle o rastro horas antes.

Desaparición

[editar | editar a fonte]

Medios oficiais brasileiros declararon que o avión desaparecera entre o arquipélago de Fernando de Noronha, a 186 millas ó nordés da cidade de Natal, e a Illa do Sal, unha das illas de Cabo Verde. Segundo as súas palabras, tratábase dunha "área enorme do océano Atlántico, tres veces o tamaño de Europa", se ben Douglas Ferreira, o encargado da investigación da Axencia Aeronáutica Civil do Brasil declarou que podería estar preto da costa africana no momento da súa desaparición, tendo en conta a velocidade á que viaxaba[1]. O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy declarou que as posibilidades de atopar superviventes era "ínfimas"[2].

Os labores de rastreo correron a cargo de dous avións Hércules da Forza Aérea do Brasil e tres navíos da Mariña[3]. Na mañá do martes 2 de xuño de 2009, localizáronse os primeiros restos [4].

No avión viaxaban 228 persoas, deles 216 pasaxeiros e 12 tripulantes,[5] destes últimos once franceses e un brasileiro[6]. A maioría son franceses (73), brasileiros (58) e alemás (26)[7], dun total de trinta e dúas nacionalidades[8]. Viaxaban tamén dúas persoas de nacionalidade española, unha muller catalá[9] da que non transcendeu información, e o enxeñeiro industrial sevillano Andrés Suárez Montes, de 38 anos de idade, traballador no Brasil da empresa Schlumberger.

O director executivo da Michelin para a América Latina, o brasileiro Luiz Roberto Anastácio, e outro executivo brasileiro da mesma compañía, Antonio Gueiros, eran pasaxeiros deste voo, xuntamente cun traballador de Michelin en Francia identificado como Christine Pieraerts. O administrador da unidade brasileira CSA da empresa produtora de aceiro ThyssenKrupp tamén estaba no avión.

Tratábase dun avión relativamente novo, que entrara en funcionamento en abril de 2005, e que fora posto a punto por última vez o 16 de abril do 2009, segundo Air France[10].

Nun primeiro momento especulouse sobre a posibilidade de que fora alcanzado por un raio, a chuvia, unha xeada ou por mor de turbulencias, aínda que as causas reais aínda se descoñecían[11][12]. Segundo Thomas Anthony, director do programa da Universidade do Sur de California sobre seguridade aeronáutica, "este accidente ocorreu na Zona de Converxencia Intertropical, que é un caldo de cultivo para as tormentas e os ciclóns. Nas imaxes de satélite, pódense ver liñas de tormentas eléctricas que ás veces se estenden durante centos e centos de millas. Podes ver o cumio das tormentas entre o 55.000 e 60.000 pés de altura"[13]. Valorouse tamén a posibilidade dun ataque terrorista, xa que a compañía tivera unha ameaza de bomba na Arxentina unhas semanas antes, que resultara ser falsa[14].

A principios de maio do 2010, o Ministerio de Defensa de Francia comunicou que se localizara a área na que se atopaba a caixa negra[15], se ben advirteu que era posible que non se chegase a recuperar dado o accidentado da orografía.

Finalmente, en xullo de 2012, a Oficina de Investigación e Análise, o organismo estatal francés encargado da seguridade aérea, atribuíu o accidente a fallos na ergonomía do avión e a "accións inapropiadas dos pilotos que estaban sometidos a forte presión"[16].

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

Segundo as previsións iniciais das compañías aseguradoras, as indemnizacións previstas poderían facer deste accidente aéreo o máis custoso en termos económicos dende que no ano 2001 un avión se precipitara sobre Queens, Nova York, matando 265 persoas e implicando uns custos de arredor de 600 millóns de dólares[17].

Nacionalidade dos pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
NacionalidadePasaxeirosTripulaciónTotal
Francia611172
Brasil58 (57)[18]159
Alemaña Alemaña26 (28)[19]26 (28)
Italia Italia, República Popular da China99
Checoslovaquia Checoslovaquia66
Reino Unido Reino Unido, Liberia Liberia5 (4)[20]5 (4)
Hungría Hungría44
Tunisia Tunisia(4)[21](4)
Noruega Noruega3 (4)3 (4)
Irlanda Irlanda33
Eslovaquia Eslovaquia33
Marrocos Marrocos22
Polonia Polonia22
España España213
Estados Unidos de América Estados Unidos22
Arxentina1(1)1 (2)
Austria Austria11
Bélxica Bélxica1 (2)1 (2)
Canadá11
Croacia Croacia11
Dinamarca Dinamarca11
Estonia Estonia11
Gabón Gabón11
Islandia Islandia11
Países Baixos Países Baixos1 (2)[22]1 (2)
Filipinas11
Romanía Romanía11
Rusia Rusia11
Suecia Suecia1 (3)[23]1 (3)
Suráfrica11
Corea do Sur(1)(1)
Turquía Turquía1[24]1
Total21612228[25]
  1. France and Brazil Press Search for Missing Plane
  2. 228 Feared Dead as Air France Jet Is Lost Off Brazil
  3. "La solidaridad mundial es muy grande"
  4. Brazil Says Debris Found in Ocean Might Be From Plane
  5. AGENCIAS, RTVE es / (2009-06-01). "Desaparece un avión de Air France que volaba de Río de Janeiro a París con 228 personas a bordo". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2023-02-04.
  6. Tripulação de avião desaparecido tem 11 franceses e um brasileiro, diz Air France
  7. Un avion d'Air France disparaît au large du Brésil
  8. "Nacionalidad de los pasajeros en avión desaparecido de Air France". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2009. Consultado o 01 de xuño de 2009.
  9. "Dos españoles, entre los 228 ocupantes del avión de Air France desaparecido en el Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 01 de xuño de 2009.
  10. New York Times
  11. Minimal Lightning Strikes Detected Along Flight 447 Path
  12. L'avion a-t-il été victime d'une météo exécrable et de pannes techniques?
  13. Airbus jet leaves few clues before vanishing
  14. AF 447: todas las teorías valen
  15. Francia localiza las cajas negras del Airbus que se estrelló en el Atlántico
  16. “Acciones inapropiadas” de los pilotos provocaron la catástrofe de Air France
  17. Air France Crash May Be Most Expensive Since 2001
  18. Zeisterse in verdwenen Air France vlucht. http://www.rtvutrecht.nl/nieuws/211178
  19. http://www.bild.de/BILD/news/telegramm/news-ticker,rendertext=8584962.html Arquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine. título= Airbus-Absturz: Jetzt 28 Tote
  20. http://www.dagbladet.no/2009/06/03/nyheter/utenriks/air_france-ulykken/flystyrt/6527897/
  21. https://web.archive.org/web/20090606210926/http://www.airfrance447.com/tag/tunisian-victims/
  22. Zeisterse in verdwenen Air France vlucht. http://www.rtvutrecht.nl/nieuws/211178 |
  23. "Swedish citizens". Flygplan försvann över Atlanten. http://www.dn.se/nyheter/varlden/flygplan-forsvann-over-atlanten-1.881261 Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine. data= 01-06-2009. Dagens Nyheter
  24. The Last Resital in Rio de Janerio. http://www.airfrance447.com/06/05/fatma-ceren-necipoglu-37-turkey-harpist-academic Arquivado 19 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  25. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]