Aberto por reformas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo Souto gravando o Aberto por reformas no Cultur.gal

Aberto por reformas foi un programa radiofónico dirixido por Xurxo Souto emitido pola Radio Galega de luns a venres entre 2005 e 2009. Inicialmente emitíase de 16:05 a 17:00, e desde setembro de 2008 de 19:05 a 20:00. Foi un dos responsables máis importantes do coñecemento da música galega de corte non-folk e dinamizadores da mesma.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Durante a primavera e o verán de 2006 co-organizou con Vieiros e o programa Extrarradio o concurso "A polo ghit", na procura da canción do verán en Galiza, que gozou dunha ampla repercusión con abondos grupos que presentaron as súas candidatas e máis de público e difusión. Finalmente obtivo o recoñecemento "In the Ocean", que foi elixida canción do verán do 2006.

A sintonía de cabeceira é o tema "A nossa história", da Matraca Perversa. Porén, segundo a sección (presentación de discos novos, música folk...) úsanse outros temas, como "Vox populi", de Cenk ou "Arcebispada" de Zeca Afonso.

Conta coa colaboración de Ugia Pedreira e de Vituco Neira. Neste programa realizou as súas prácticas a xornalista Iria de Samoedo. A produtora é Concha de la Fuente, e Rosa Rodríguez a técnico de son.

O día 1 de xuño de 2009, tralo cambio na dirección da Radio Galega, emitiuse o último programa presentado por Xurxo Souto, pasando ser levado por Xusto López Carril cun estilo diferente[1], o cal suscitou unha forte polémica entre os oíntes habituais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A música galega pechada por reformas", artigo de Marcos S. Pérez en Vieiros, 3 de xuño de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]