Par cranial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervios craniais
Brain human normal inferior view with labels en.svg
Vista inferior do cerebro e tronco do encéfalo amosando os nervios craniais. Unha versión sen lendas pódese descargar aquí
Latín nervus cranialis (plural: nervi craniales)
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

Os pares craniais ou nervios craniais son un conxunto de doce pares de nervios pertencentes ó sistema nervioso central.

Características[editar | editar a fonte]

Diferenciánse doutros nervios en que non saen da medula espiñal. Estes nervios dirixen a información en dous sentidos: do sistema nervioso central a músculos ou glándulas, e dos diversos territorios cara ó sistema nervioso central. Certos autores falan dun décimo terceiro par cranial, pero é moi discutida a súa existencia.

Son os principais responsables das diferentes vías de sensibilidade.

  • I par cranial: nervio olfactorio. Responsable da vía olfactiva.
  • II par cranial: nervio óptico. Vai da retina ó quiasma e outras estruturas do sistema nervioso central.
  • III par cranial: nervio motor ocular común ou oculomotor. Move a maior parte dos músculos do ollo.
  • IV par cranial: nervio troclear ou patético. Move o músculo oblícuo maior.
  • V par cranial: nervio trixémino. Recolle a información sensitiva da faciana e leva motora para a mastigación.
  • VI par cranial: motor ocular externo ou abducente. Leva información motora para o músculo recto externo do ollo.
  • VII par cranial: nervio facial e intermediario de Wrisberg. Leva información motora para os músculos da faciana e recolle información sensitiva da lingua.
  • VIII par cranial: nervio estatoacústico, auditivo ou vestíbulo-coclear. Recolle información auditiva e nociceptiva.
  • IX par cranial: nervio glosofarínxeo.
  • X par cranial: nervio vago ou pneumogástrico. Leva información parasimpático ás vísceras torácicas e a case todas as abdominais.
  • XI par cranial: nervio accesorio ou accesorio espiñal.
  • XII par cranial: nervio hipogloso.