Saltar ao contido

Violante de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaViolante de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(an) Violant d'Aragón Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1236 Editar o valor en Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Morte1301 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Roncesvales, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoncesvales Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaCoroa de Aragón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAfonso X o Sabio (1246 (Gregoriano), 1246 (Gregoriano)–1284 (Gregoriano)), morte Editar o valor en Wikidata
FillosIsabel de Castilla, Violante de Castela, Berenguela de Castela, Beatriz de Castela, Fernando de La Cerda, Leonor de Castela, Sancho IV de Castela, Constança de Castela, Pedro de Castela, Xoán I de Galiza e León, Jaime de Castela Editar o valor en Wikidata
PaisXaime I de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Violante de Hungría Editar o valor en Wikidata
IrmánsConstança de Aragão
Isabel de Aragão, rainha de França
Jaime II de Maiorca
Pedro III de Aragón Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Aragón-119

Violante de Aragón e Hungría, nada en Zaragoza en 1236 e finada en Roncesvales, Navarra, en 1300-01, foi infanta de Aragón e raíña consorte de Castela (12521284) por ser esposa de Afonso X o Sabio. Era filla de Xaime I o Conquistador e da súa segunda muller, Violante de Hungría.

Biografía

[editar | editar a fonte]

O día 26 de decembro de 1246 contraeu matrimonio na Colexiata de Valladolid, co rei Afonso X o Sabio.

Nun primeiro momento, pero iso debíase á extrema mocidade da esposa do futuro Afonso X o Sabio, este chegou a crer que a súa esposa era estéril e chegou a considerar ata a posibilidade de solicitar ao Papa a anulación matrimonial.

Conta a lenda que a Raíña non podía quedar encinta e o médico mandoulle repouso. Ao ser reconquistada Alacant para a Coroa de Castela, foi descansar a unha leira situada nos campos próximos á cidade, e alí foi onde quedou embarazada polo que decidiu chamar á paraxe «Pla del Bon Repós» ('Chairo do bo repouso'), nome que quedou para a posteridade e que hoxe en día é un barrio de Alacant.

En 1275 morreu Fernando de la Cerda, herdeiro do trono castelán-leonés, e Afonso X o Sabio, nun primeiro momento, ignorou os dereitos dos fillos do infante falecido e confirmou como herdeiro ao trono ao seu fillo segundogénito, o infante Sancho, que reinaría máis tarde en Castela e León co nome de Sancho IV o Bravo.

En 1276, Violante fundou o Convento de San Pablo en Valladolid. Este erixiuno en honra á orde húngara de San Pablo, fundada en 1250 polo beato húngaro Eusebio de Esztergom. A nai da raíña Violante de Aragón e Hungría, a raíña Violante de Hungría foi desposada por Xaime I de Aragón, e consigo trouxo certa influencia húngara a Hispania, introducindo tamén así, a orde de San Pablo.

María de Molina presenta ao seu fillo Fernando IV nas Cortes de Valladolid de 1295. Óleo sobre lenzo de Antonio Gisbert Pérez. 1863. Congreso dos Deputados. A raíña Violante, polo seu apoio ás pretensións do seu neto Alfonso de la Cerda, situouse en contra de Fernando IV o Emprazado, neto seu tamén.

Ante esa situación, a viúva de Fernando de la Cerda, Branca de Francia, solicitou a axuda do seu irmán, Filipe III o Atrevido. Ao mesmo tempo, a raíña Violante solicitou o apoio para os seus netos do seu irmán, o rei Pedro III o Grande de Aragón, que aceptou protexelos e custodialos no reino de Aragón, aloxando aos netos da raíña, Fernando e Alfonso de la Cerda, no Castelo de Xátiva. Durante os reinados de Sancho IV o Bravo, e do fillo deste, Fernando IV o Emprazado, a raíña Violante residiu case permanentemente en Aragón, apoiando os dereitos ao trono de Castela e León do seu neto, Alfonso de la Cerda, fillo do infante Fernando de la Cerda, e combatendo ó seu outro neto, Fernando IV o Emprazado, e á nai deste, a raíña María de Molina.

A raíña Violante de Aragón faleceu en Roncesvales, no reino de Navarra, en 1301, ao seu regreso da cidade de Roma, onde gañara o Xubileu no ano 1300.

Sepultura

[editar | editar a fonte]

Á súa morte, está documentado que o cadáver da raíña Violante recibiu sepultura na Real Colexiata de Santa María de Roncesvalles, onde tamén se achaba sepultado Sancho VII o Forte. No entanto, non se conserva memoria algunha de onde se atopan os restos da raíña na actualidade.

Outra tradición, aínda que pouco sólida, sostén que o cadáver da esposa de Afonso X recibiu sepultura no Convento de Santa Clara de Allariz, que ela fundara en 1268. No entanto, tampouco existen probas materiais de devandito enterramento na actualidade. No Convento de Santa Clara de Allariz recibiron sepultura os restos do infante Filipe, fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, e neto da raíña Violante, e a súa esposa Margarita de la Cerda, quen era bisneta de Violante.

Tanto se o cadáver recibiu sepultura na Real Colexiata de Santa María de Roncesvalles, como así sosteñen as fontes máis antigas e fidedignas, coma se foi sepultada en Santa Clara de Allariz, non se atopou ningún vestixio en ambos os lugares da sepultura da esposa de Afonso X o Sabio, a pesar de que en ambos os lugares aínda se manifesta que os restos da raíña Violante repousan alí.

Descendencia

[editar | editar a fonte]
Retrato de Afonso X o Sabio, esposo da raíña Violante de Aragón.

Froito do seu matrimonio co rei Afonso X o Sabio, fillo de Fernando III o Santo, naceron once fillos:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]