Catedral de Santa María de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Catedral de Toledo")
Catedral de Santa María de Toledo, con estilo gótico predominante

A catedral de Santa María de Toledo, chamada tamén Catedral Primada de Toledo, sé da Arquidiocese de Toledo, é un edificio considerado como a magnum opus[1] do estilo gótico en España. A súa construción comezou en 1226 baixo o reinado de Fernando III o Santo e as últimas realizacións góticas déronse no século XV, cando en 1493 se cerraron as bóvedas dos pés da nave central, en tempos dos Reis Católicos. Está construída con pedra branca de Olihuelas (Olías del Rey).

Popularmente coñécese como Dives Toletana (no sentido da rica toledana). No século XV difundiuse un adagio ensalzando as catro catedrais españolas que se consideraban con máis grandeza, que dicía: Sancta Ovetensis, pulchra Leonina, dives Toledana, fortis Salmantina.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Así a consideran varios autores, entre eles Diez del Corral na súa obra Arquitectura y mecenazgo. La imagen de Toledo en el Renacimiento, Madrid, 1987.