Video Capture Device

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vídeo Capture Device
Vídeo de Weezer
Edición2004
Xénero(s)rock alternativo
Producido porKarl Koch, Ray Ibe

Video Capture Device (co título completo Weezer – Video Capture Device: Treasures from the Vault 1991–2002) é un DVD publicado pola banda estadounidense de rock alternativo Weezer no ano 2004. Contén imaxes de varios concertos da historia do grupo, dende as primeiras etapas da súa carreira musical ata o ano 2002. Tamén trae todos os videoclips de Weezer dende o The Blue Album ata o Maladroit. Imaxes extra amósanos á banda nos camerinos, no escenario, no estudio de gravación e en entrevistas.