Victoriano Fabeiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (gl) Victoriano Fabeiro García 1879 valor descoñecido |
| Morte | 25 de outubro de 1951 Negreira, España |
| 1934 – 1934 ← Manuel Ínsua Sánchez – Antonio Goyanes Cedrón → | |
| 1931 – 1936 | |
| 1930 – 1930 ← Manuel Ruso Alonso | |
| 1922 – 1923 | |
| 1920 – 1921 ← Manuel Caamaño Ferreiro | |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
Victoriano Fabeiro García, nado en 1879 e finado en Negreira o 25 de outubro de 1951,[1] foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Membro da máis importante familia dos conservadores de Negreira, casou con Teresa Caamaño Ferreiro, dona do Pazo do Cotón e a máis importante vinculeira da familia liberal dos Caamaño.
Tío de José Reino Caamaño. Presidente do Sindicato católico de Negreira, foi nomeade alcalde de Negreira en abril de 1920,[2] volveu ser elixido en abril de 1922,[3] en 1930 e dende 1931 polo Partido Republicano Conservador cando a súa candidatura acadou nas eleccións a totalidade de concelleiros da Corporación. En 1934, despois da vitoria dos partidos conservadores nas eleccións xerais e a disolución das deputacións provinciais de esquerdas, ocupou a presidencia da Deputación da Coruña durante uns meses. Foi destituído como alcalde polo gobernador civil en outubro de 1936, e substituído por Jesús Magariños Pastoriza, novo alcalde franquista.[4] Foi conselleiro de FINSA.
| Predecesor: Manuel Caamaño Ferreiro |
Alcalde de Negreira 1920 - 1921 |
Sucesor: Manuel Caamaño Rodríguez |
| Predecesor: Manuel Caamaño Rodríguez |
Alcalde de Negreira 1922 - 1923 |
Sucesor: José Gómez Castro 1923- |
| Predecesor: Manuel Ruso Alonso |
Alcalde de Negreira 1930 |
Sucesor: ? |
| Predecesor: ? |
Alcalde de Negreira 1931 - 1936 |
Sucesor: Jesús Magariños Pastoriza |
| Predecesor: Manuel Ínsua Sánchez |
Presidente da Deputación da Coruña 1934 |
Sucesor: Antonio Goyanes Cedrón |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha comisión veciñal erixiu un busto por subscrición popular na entrada do Colexio Público, obra do escultor Andrés Barbazán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Noche, 26-10-1951, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 7-4-1920, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 4-4-1922, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-10-1936, p. 7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Liñares Giraut, X. Amancio (1988). FEIRACO, ed. O Val de Barcala (1900-1936). Negreira. ISBN 84-398-7496-0.
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Do Castro, ed. Negreira na guerra do 36. Sada. ISBN 84-7492-656-4.