Antonio Goyanes Cedrón
Antonio Goyanes Cedrón | |
---|---|
Falecemento | 14 de setembro de 1952 |
Lugar de falecemento | Ponteceso |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Antonio Goyanes Cedrón, finado en Ponteceso o 14 de setembro de 1952,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Goyanes Meneses e irmán de Vicente Goyanes Cedrón. Licenciado en Dereito, foi xuíz municipal de Ponteceso (1903). Durante a Segunda República militou no Partido Radical. Deputado provincial, foi elixido presidente da Deputación da Coruña en abril de 1934, permanecendo no cargo ata decembro de 1935.
Predecesor: Victoriano Fabeiro García |
![]() Presidente da Deputación da Coruña 1934 - 1935 |
Sucesor: Estanislao Pérez Artime |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Teresa Varela Amarelle, filla de Isabel Amarelle Rodríguez, e foi pai de José, Isabel, Clarisa e Daniel Goyanes Varela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 16-9-1952, p. 7.