Manuel Ínsua Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Ínsua Sánchez
Falecemento11 de outubro de 1966
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Ínsua Sánchez, finado na Coruña o 11 de outubro de 1966,[1] foi un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor mercantil e funcionario de carreira. Secretario da Juventud Republicana da Coruña en 1910[2] e membro da Irmandade da Fala da Coruña. Foi elixido concelleiro pola ORGA nas eleccións do 12 de abril de 1931. Foi nomeado nomeado gobernador civil de Pontevedra o 31 de outubro de 1931 permanecendo no cargo ata o 22 de maio de 1932. O 15 de xullo de 1932 foi elixido presidente da Deputación da Coruña permanecendo no cargo ata o 9 de febreiro de 1934. Foi destituído como concelleiro en outubro de 1934. Afiliouse a Izquierda Republicana e foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936.

Fundador de Ínsua y Vizoso, empresa de subministracións para a construción. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, unha vez instaurada a ditadura, abandonou toda actividade política, dedicándose exclusivamente á súa actividade empresarial.


Predecesor:
Alfredo Somoza
 Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña
 
1932 - 1934
Sucesor:
Victoriano Fabeiro García

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Enriqueta López Freire en 1915[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-10-1966, p. 4.
  2. El Noroeste, 12-12-1910, p. 1.
  3. El Noroeste, 13-1-1915, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]