Vicente Manuel Cociña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vicente Manuel Cociña Vizosa»)
Infotaula de personaVicente Manuel Cociña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1818 Editar o valor em Wikidata
Celeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1854 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCamelia Cociña de Llansó Editar o valor em Wikidata

Vicente Manuel Cociña Vizoso, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de febreiro de 1818 e finado en Córdoba o 29 de abril de 1854, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus primeiros estudos no Colexio da Natividade de Viveiro e despois Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1842 foi elixido presidente da Academia Literaria de Santiago. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o periódico El Centinela de Galicia (1843). Tiña en proxecto a edición do periódico El Órgano del Siglo Veinte en Santiago de Compostela, aínda que non chegou a ver a luz. Foi deputado por Viveiro en 1850 e 1853. Dirixiu El Oriente de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, onde tiña como compañeiros de redacción a Tiburcio Faraldo e Luís de Trelles. A inserción de determinados artigos considerados demasiado combativos neste xornal motivou a súa persecución e a dos xornalistas que traballaban nel. Como consecuencia fuxiu a Córdoba, onde faleceu.

Atribúeselle a autoría da Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846)[1] inda que tamén se atribúe a José Rúa Figueroa.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Un sueño en Estambul en el año 1550, 1840.
  • Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español, 1841.
  • Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842, 1842.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Riveira e foi pai de Aliatar, Acacia e Camelia Cociña Riveira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Porto, Juan do (1846). Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (en castelán). Madrid: Imprenta de la Viuda de Burgos. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2021. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]