Saltar ao contido

Tiburcio Faraldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTiburcio Faraldo
Biografía
NacementoBetanzos, España Editar o valor en Wikidata
Mortenovembro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Shanghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, diplomático Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFeliciano Vicente Faraldo Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntolín Faraldo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.11) Editar o valor en Wikidata


Tiburcio Faraldo Asorey, nado en Betanzos e finado en Shanghai en novembro de 1875[1], foi un escritor e diplomático galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Feliciano Vicente Faraldo e de Francisca Asorey Canda, irmán de Antolín Faraldo. Estudou no Colexio Insigne de la Natividad de Viveiro. Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela. Fundou, xunto con Vicente Manuel Cociña, o periódico El Centinela de Galicia (1843). Foi redactor de El Oriente, de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, dirixido por Vicente Manuel Cociña. Foi cónsul e Ministro Plenipotenciario de España na China.