Vicente Almazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Almazán
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Castelló, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Actividade
Ocupaciónfilólogo , historiador , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua portuguesa, lingua polaca, lingua sueca, lingua dinamarquesa, lingua norueguesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata


Vicente Almazán Climent, nado o 17 de novembro de 1924 e finado o 1 de febreiro de 2006, foi un filólogo e historiador castellonenco.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir nos colexios dos maristas de Alacant e de Valencia. Despois de falecer o seu pai volveu a Castelló, continuando os seus estudos nos Escolapios. En 1948 marchou a Francia onde iniciou os estudos universitarios en Estrasburgo, despois conseguiu unha bolsa para a Universidade de Colonia (Alemaña), onde cursou filoloxía Románica e literatura medieval. Descubriu a lingua sueca nunha estadía na Universidade de Estocolmo pero volveu a Colonia para rematar o doutoramento.[1]

Viaxou a Canadá, onde viviu nove anos, deu clases nas universidades de Sudwury e Windsor. Despois marchou aos Estados Unidos onde ensinou filoloxía románica durante corenta anos, primeiro na Universidade de Wayne (Detroit) e logo na de Wisconsin-Oshkosh.[1]

Xubilouse en 1995, sendo nomeado profesor emérito. Foi relator de oficio do II Congreso Internacional de Estudos Xacobeos e formou parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata a súa morte o 2006.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Historia de una amistad: las cartas de Pedro de Dacia y Cristina Stommeln. Editorial San Esteban. (ed.), col. Biblioteca Dominicana. Salamanca, 2004.
  • Olav, rey perpetuo de Noruega. Xunta de Galicia, 2002.
  • Santa Brígida de Suecia. Peregrina, política, escritora. Xunta de Galicia, 2000.
  • Galicia. Breviario para o galego ausente. Galaxia, 1999.
  • Dinamarca jacobea. Historia, arte, literatura. Xunta de Galicia 1998.
  • Alsacia jacobea. Introducción al estudio de las peregrinaciones alsacianas a Santiago de Compostela: historia, literatura, arte. Consorcio Compostela 93, D.L. 1994.
  • Seis ensaios sobre o Camiño de Santiago. (ed.),Galaxia, 1992.
  • Gallaecia scandinavica. Introdución ó estudo das relacións galaico-escandinavas durante a Idade Media. Galaxia, 1986.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Vicente Almazán". fundacioncarloscasares.org. Consultado o 2023.