Saltar ao contido

Vesta Sarkhosh Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVesta Sarkhosh Curtis
Biografía
Nacemento1951
País de nacionalidade Británica
EducaciónUniversidade de Gotinga
University College London.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónconservadora, conservadora, numismática Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Curtis. Editar o valor en Wikidata
Premios
2025: Medalla da Royal Numismatic Society.

Vesta Sarkhosh Curtis, nada en Teherán en 1951, é unha orientalista e numismática británica de orixe iraniana, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vesta Sarkhosh obtivo un mestrado en Arqueoloxía de Oriente Próximo e Linguas Antigas Iranianas na Universidade de Gotinga, e posteriormente acadou o seu doutoramento en Arte Parta no University College de Londres.[1][2]

Entre 1983 e 2003, Curtis foi editora conxunta do xornal Iran: Journal of the British Institute of Persian Studies. De 1998 a 2003 foi secretaria do Instituto Británico de Estudos Persas (BIPS) e entre 2006 e 2011 ocupou a presidencia dese instituto. No período 2005-2010 foi secretaria da Royal Numismatic Society.[1][2]

Vesta Sarkhosh Curtis ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1995, inicialmente como conservadora a tempo parcial de moeda sasánida, e a partir de 2005 pasou a ocupar o posto de conservadora de moedas de Oriente Medio nese departamento.[2][3]

Curtis desenvolveu un proxecto de colaboración co Museo Nacional de Irán sobre as moedas sasánidas de 224 a 651 d.C. Tamén é codirectora, xunto con Michael Alram, do proxecto internacional de moedas partas The Sylloge Nummorum Parthicorum (SNP) e coeditora da súa serie editorial.[1][4]

Curtis é membro do comité académico da Iran Heritage Foundation (IHF) e vicepresidenta do Instituto Británico de Estudos Persas.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casada con John Curtis, director xeral da Fundación do Patrimonio de Irán e conservador do Museo Británico de Proxectos Especiais de Oriente Medio.[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos máis salientables publicados por Vesta Sarkhosh Curtis ao longo da súa traxectoria:[7][8][9]

  • (1998). The art and archaeology of ancient Persia: new light on the Parthian and Sasanian empires (con R. Hillenbrand). I. B. Tauris, Londres. ISBN 9781860640452
  • (2005). Persian myths, Legendary past. University of Texas Press. ISBN 9780292711587
  • (2005-2010). The Idea of Iran (con S. Stewart) (eds.). I. B. Tauris.
  • (2010). Ali-Akbar Safi, Sasanian Coins: A Sylloge of the Sasanian Coins in the National Museum of Iran (Muzeh Melli Iran), Tehran, Vol. 1: Ardashir I - Hormizd IV (con M. Elahé Askari et al). Special Publications of the Royal Numismatic Society. ISBN 978-0901405449
  • (2012). Sasanian Coins: A Sylloge of the Sasanian Coins in the National Museum of Iran (Muzeh Melli Iran), Tehran, Vol. 2: Khusrau II - Yazdgard III (con M. Elahe Askari et al.). Special Publications of the Royal Numismatic Society. ISBN 0-901405-64-7
  • (2012). From Persepolis to the Punjab: Exploring the Past in Iran, Afghanistan and Pakistan (con E. Errington). British Museum Press. ISBN 978-0714111773
  • (2014). Persian love poetry, (con S. R. Canby). British Museum Press. ISBN 978-0714124759
  • (2017). The Parthian and early Sasanian empires : adaptation and expansion (con E. Pendleton, M. Alram e T. Daryaee). British Institute of Persian Studies. Oxbow Books. ISBN 9781785709623
  • (2020). Mithradates: Sylloge Nummorum Parthicorum. Austrian Academy of Sciences. ISBN 978-3700185642
  1. 1 2 3 4 "Dr Vesta Sarkhosh Curtis". British Institute of Persian Studies.
  2. 1 2 3 "Curtis, Vesta Sarkhosh". En Coins Weekly. 18 de xaneiro de 2017.
  3. ↑ "Dr Vesta Sarkhosh Curtis". The British Museum.
  4. ↑ "Sylloge Nummorum Parthicorum". Sylloge.org
  5. ↑ "Dr John Curtis Appointed CEO of Iran Heritage Foundation and IHF America Arquivado 27 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Cyruscylinder2013.com
  6. ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. ↑ "Curtis, Vesta Sarkhosh". WorldCat Identities.
  8. ↑ "Curtis, Vesta Sarkhosh Arquivado 21 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. ↑ "Vesta Sarkhosh Curtis". Academia.edu

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]