Ventrículo esquerdo
O ventrículo esquerdo é unha das catro cavidades cardíacas (dúas aurículas e dous ventrículos). É a parte do corazón con maior cantidade de tecido musculara, xa que o ventrículo esquerdo é quen impulsa o sangue cara a arteria aorta, a cal leva o sangue á circulación sistémica, isto é, todo o corpo agás os pulmóns. A válvula que conecta o ventrículo esquerdo coa arteria aorta é a válvula aórtica, ao tempo que a válvula que separa o ventrículo da aurícula esquerda é a válvula mitral. Polo ventrículo esquerdo circula sangue oxixenada que provén do pulmón a través das catro veas pulmonares.
Forma
[editar | editar a fonte]O ventrículo esquerdo é máis alongado que o ventrículo dereito, e nun corte transversa a súa concavidade posúe unha sección ovalada ou case que circular. O ventrículo esquerdo e moito máis groso, pois é o que ha de bombear o sangue a unha maior presión cara ao resto do organismo.