Saltar ao contido

Ventosa, Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ventosa
ConcelloAgolada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°44′15″N 7°59′11″O / 42.73739364, -7.9864486
Área16,44 km²
Poboación305 hab. (2013)
Densidade18,55 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Ventosa (á espera da oficialización da forma Ventosa (San Xiao)[2]) é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.

Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é ventosino[3].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial data do século XIII pero da súa orixe románica tan só permanece a fachada e a nave. No interior destaca o sepulcro do abade Lope de Ventosa e catro paneis completos dun baldaquino.

En Axiaz hai varios túmulos dolménicos e unha casa grande que conserva unha cheminea flanqueada por gárgolas que pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz.

En San Xulián de Chaos hai sartegos antropoides tallados en rocha viva e un castro de pequenas dimensións.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Ventosa

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ventosa no concello de Agolada (Pontevedra)

A Aldea do Monte | Axiaz | Buxán | Cartimil | A Eirexe | Grixanova | Laxe | Quintela | Río | Os Toxás | Treilamas | Vilar

Parroquias de Agolada

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]