Cirrio de cheminea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vencello de cheminea»)
Cirrio de cheminea

En voo en Texas, Estados Unidos
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Xénero: Chaetura
Especie: Chaetura pelagica
(Linnaeus, 1758)
Distribución de Ch. pelagica      Área de reprodución     Área de invernada
Distribución de Ch. pelagica      Área de reprodución     Área de invernada

Distribución de Ch. pelagica      Área de reprodución     Área de invernada
Sinonimia

Hirundo pelagica protonym[2]
Chaetura pelasgia Stephens, 1825[2][3]

O cirrio de cheminea,[4] Chaetura pelagica,[5] é unha especie de cirrio pertencente á familia Apodidae. Esta ave está estreitamente emparentada con Chaetura vauxi e Chaetura chapmani e no pasado estes tres cirrios eran considerados conespecíficos. Non ten subespecies. Vive en América pero como ave errante pode atravesar o océano e a Galicia chegan algúns exemplares como aves accidentais raras.[6] Ch. pelagica é un paxaro gris feluxe de tamaño medio con ás delgadas e moi longas e patas moi curtas. Igual que todos os cirrios, non ten a capacidade de pousarse sobre pólas e só pode agarrarse verticalmente a superficies.

Aliméntase principalmente de insectos voadores, máis tamén de arañas transportadas polo aire. Xeralmente emparéllase para toda a vida. Constrúe un niño tipo ménsula feito de ramiñas e saliva pegada a unha superficie vertical, que adoita ser case sempre unha estrutura construída polo home, xeralmente unha cheminea, e a isto se debe o seu nome de cirrio de cheminea. A femia pon 4 ou 5 ovos brancos. As crías son altriciais e eclosionan aos 19 días e empluman un mes máis tarde. Como media viven uns 4,6 anos

Taxonomía e sistemática[editar | editar a fonte]

Cando Carl von Linné describiu por primeira vez esta especie en 1758, deulle o nome de Hirundo pelagica, pensando que era unha anduriña.[2] Esta confusión continuou ata o século XIX, cando os ornitólogos a chamaron "anduriña americana" (por exemplo, Mark Catesby)[7] ou "anduriña de cheminea" (por exemplo, John James Audubon).[8] En 1825, James Francis Stephens trasladouna xunto con outros cirrios pequenos de cola curta do Novo Mundo ao xénero Chaetura, onde desde entón permaneceu, aínda que algunhas autoridades do século XIX a asignaron a diversos xéneros hoxe obsoletos.[9] Non ten subespecies.[10] O seu parente máis próximo é Ch. vauxi. Os científicos cren que as dúas especies evolucionaron a partir dun antepasado común que foi obrigado a retirarse ás esquinas sueste e suroeste de Norteamérica polo avance glacial. Ao quedaren separados durante milenios por un vasto casquete de xeo, os superviventes evolucionaron dando lugar a dúas especies, que están aínda separadas por unha ampla área que cruza a parte media do contintente.[11] Tamén está estreitamente emparentado con Ch. chapmani. No pasado as tres especies eran ás veces tratadas como unha soa especie.[12]

O nome do xénero Chaetura é unha combinación de dúas palabras do grego antigo: chaite, que significa 'seda, pelo' ou 'espiña', e oura, que significa 'cola'. Esta é unha axeitada descrición da cola da ave, xa que os talos das dez plumas da cola (rectrices) rematan en puntas saíntes agudas.[13] O nome específico pelagica deriva da palabra grega pelagikos, que significa "do mar".[14] Pénsase que isto é unha referencia ao seu estilo de vida nómade e non unha referencia ao mar,[15] unha teoría reforzada pola asignación do nome específico sinónimo pelasgia (pola tribo nómade dos Pelasgos da antiga Grecia) a esta mesma especie feita por outros ornitólogos.[14][16]

Descrición[editar | editar a fonte]

É un ciriio de tamaño medio que mide de 12 a 15 cm de longo.[17] cunha envergadura alar de 27 a 30 cm e un peso entre 17 e 30 g.[18] Os sexos son idénticos en plumaxe,[19] pero os machos son como media algo máis pesados que as femias.[19] A plumaxe do adulto é de cor olivácea feluxe escura polas partes superiores e marrón por debaixo, cunha mitra e unhas plumas cobertoiras da parte superior da cola lixeiramente máis claras, e unha gorxa significativamente máis clara.[20] As súas partes superiores son as máis uniformemente coloreadas de entre todos os cirrios do xénero Chaetura, e mostra pouco contraste entre o dorso e a mitra.[21] O seu peteiro é negro, como tamén os pés e patas. Ten o iris marrón escuro.[22] A plumaxe dos xoves é moi similar á dos adultos, pero con extremos abrancazados ata as partes externas das plumas secundarias e terciarias.[23]

Ten unhas ás estreitas, curvadas e longas,[24] que se estenden uns 3,8 cm alén da cola cando están pregadas.[25] As puntas das ás son agudas, o que lle axuda a diminuír as turbulencias de aire (e, por tanto, o arrastre) durante o voo.[26] O seu úmero (óso da parte interna da á) é bastante curto, mentres que os ósos en posición máis distal da á son alongados, unha combinación que lle permite bater as ás moi rapidamente.[27] En voo mantén as ás ríxidas, alternando entre batidos rápidos e vibrantes e planeos máis longos. O seu perfil de voo é moitas veces descrito como un "cigarro con ás", unha descrición utilizada primeiramente por Roger Tory Peterson.[24] Aínda que a ave a miúdo parece bater as ás asincronicamente durante o voo, os estudos fotográficos e estroboscópicos demostran que as bate ao unísono. A ilusión de que non é así aumenta polo seu tipo de voo moi errrático e rápido, con moitos cambios súbitos de dirección.[28]

As súas patas, igual que as dos outros cirrios, son moi curtas.[29] Os pés son pequenos pero fortes, con dedas moi curtas que acaban en garras curvas afiadas.[27] As dedas son anisodáctilas, é dicir tres dedas cara a adiante, e na maioría das aves unha traseira, pero neste cirrio a deda traseira (o hálux) pode xirar cara a adiante para conseguir un mellor agarre. A diferenza das patas e pés da maioría das aves, os deste cirrio non teñen escamas, senón que están cubertos de pel lisa.[13]

A súa cola é curta e cadrada,[30] e mide só de 4,8 a 5,5 cm de lonxitude.[22] As súas dez plumas da cola teñen talos que se estenden uns 1,3 cm por detrás das últimas barbas da pluma, acabando en puntas ríxidas e agudas.[13] Isto axuda ás aves a sosterse en superficies verticais.[31]

Ten uns ollos grandes e moi metidos mas cuncas. Están protexidos por pequenos grupos de plumas tipo sedas negras e rexas, que están localizadas diante de cada ollo. O cirrio pode cambiar o ángulo destas plumas, co que pode reducir o resplandor cegador da luz. É unha ave hipermétrope e, como algunhas aves de presa, é bifoveal, é dicir, cada ollo ten unha fóvea temporal e outra central. As fóveas son pequenas depresións na retina nas que a agudeza visual é máxima,[32] e contribúen a que a súa visión sexa especialmente aguda.[33] Como a maioría dos vertebrados, pode enfocar ambos os ollos á vez; pero pode tamén enfocar un só ollo independentemente.[32]

O seu peteiro é moi pequeno, cun culme que mide só 5 mm de longo.[34] Porén, a abertura máxima da súa boca é enorme, estendéndose por detrás baixo os ollos.[35] A diferenza de moitas aves insectívoras, carece de sedas na base do peteiro.[36]

Especies similares[editar | editar a fonte]

É unha especie moi similar á estreitamente emparentada Chaetura vauxi, pero é algo máis grande, con ás e cola relativamente máis longas, e batidos alares máis lentos[37] e unha maior tendencia a planar.[30] Adoita ser máis escuro no peito e mitra que Ch. vauxi, aínda que hai certo solapamento en cor na plumaxe.[37] Pode ser un 30 % máis pesado que Ch. vauxi, e as súas ás, que son proporcionalmente máis estreitas, mostran unha protuberancia pronunciada nas secundarias internas.[38] Ch. pelagica é máis pequeno, máis claro e de cola máis curta que Cypseloides niger.[37] En América Central, é moi similar a Chaetura chapmani, pero é máis claro (oliváceo mate en vez de negro brillante) e ten un contraste máis forte entre a súa gorxa clara e o resto das partes inferiores que o seu parente, que é máis uniforme en cor.[20]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Os Ch. pelagica, como este nunha cheminea en Missouri, Estados Unidos, póusanse comunalmente cando non están en período reprodutor.

Ch. pelagica é un visitante reprodutor moi esperado en gran parte da metade leste dos Estados Unidos e zonas do sur do Canadá, que migra a América do Sur para pasar o inverno. É un visitante estival raro no oeste dos Estados Unidos,[39] e foi rexistrado como ave errante en Anguila, Barbados, Groenlandia, Xamaica, Portugal, Galicia, os Estados Unidos e as Illas Virxes Estadounidenses.[1] Encóntranse en campo aberto, sabanas, ladeiras boscosas e bosques húmidos.[40]

Os terreos de invernada de Ch. pelagica non se descubriron ata 1944, cando se recuperaron aneis de aves aneladas en América do Norte no Perú.[41][42]

Comportamento[editar | editar a fonte]

É unha especie gregaria e raramente se ve soa. Xeralmente caza en grupos de dous ou tres, migra en bandadas pouco compactas de 6 a 20 exemplares e (unha vez que remata a estación reprodutora) dorme en enormes pousadeiros comunais constituídos por centos ou miles de individuos.[24] Igual que todos os cirrios, é unha ave moi aérea e só raramente se ve pousada descansando. Bebe en voo, pasando a rentes da superficie da auga co bico aberto.[43] Tamén se baña en voo, planeando sobre a tona da auga e tocando brevemente nela co seu peito, e elévase voando despois, sacudindo as plumas mentres se afasta.[18] Foi rexistrada por pilotos que voaban a quilómetro e medio de altura, e un foi vista a 2200 m de altura.[44] Non pode pousarse e sosterse ergueito como a maioría das aves, senón que se agarra a superficies verticais.[37] Se é molestado cando está descansando, Ch. pelagica golpea fortemente as súas ás contra o corpo unha ou dúas veces; fai isto no lugar onde está ou se cae uns metros máis abaixo. Este comportamento pode orixinar un son forte parecido que lembra un trono cando se molesta a un grupo grande que estaba descansando. Crese que este son é a forma que ten a ave de asustar a potenciais predadores.[45]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Como todos os cirrios, esta especie aliméntase en voo.[18] Segundo algúns estudos o 95% do seu alimento son insectos voadores, como diversas especies de moscas, formigas, avespas, abellas, aleiródidos, áfidos, cocoideos, plecópteros e efémeras. Tamén come arañas que se transportan polo aire á deriva colgadas dos seus fíos.[43] É un importante predador de especies que son pragas, como a formiga Solenopsis invicta (unha especie invasora)[46] e o gurgullo Sitona hispidulus.[47] Estímase que unha parella de adultos que teña que alimentar tres crías consome o peso equivalente a polo menos o de 5000 a 6000 insectos do tamaño dunha mosca doméstica ao día.[48] Como moitas especies de aves, este cirrio regurxita periodicamene masas compostas polas partes indixeribles dos insectos que come.[49]

Durante a estación reprodutora, polo menos a metade das súas incursións para alimentarse fainas nun raio de 0,5 km do seu niño; porén, este pode ser ás veces de ata 6 |km.[50] Aínda que persegue e atrapa a maioría do seu alimento polo aire, unha parte tamén a captura na follaxe das árbores; a ave paira preto do final das pólas ou bótase desde niveis máis altos do dosel superior.[51] Xeralmente voa bastante alto, aínda que descende durante o tempo chuvioso ou frío.[52] Cando se alimenta, aparece regularmente en pequenos grupos e ás veces caza xunto con anduriñas, especialmente as anduriñas Hirundo rustica e Progne subis,[24] formando bandadas mixtas de alimentación.[34] Hai polo menos un rexistro dun caso en que un Ch. pelagica intentou roubar unha libélula que capturara unha anduriña Progne subis, e foi observado perseguindo outras P. subis.[53] En xeral, aliméntase polo día e permanece activo ao inicio do serán. Porén, non hai rexistros, especialmente durante os períodos de migración, de que se alimenten de noite á luz de edificios iluminados.[54]

A especie mostra dous picos de aumento de peso durante o ano: un ao inicio da estación reprodutora e outro máis alto pouco antes de que empece a migración ao sur en outono. Ten o peso máis baixo normalmente durante a estación reprodutora, cando empeza a completar a muda da plumaxe. O aumento de peso que experimenta antes da migración é menor que o dalgúns paseriformes, o que suxire que debe alimentarse en ruta en varios puntos en que fai escala.[55]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Ovo da especie na colección do Museo de Wiesbaden
O niño está feito de ramiñas curtas pequenas pegadas con saliva.

É unha especie monógama, que normalmenre se emparella para toda a vida, aínda que unha pequena porcentaxe deles cambia de parella.[56] As parellas realizan unha exhibición de voos xuntos, planeando coas ás ergueitas formando un V agudo e ás veces abaneándose de lado a lado. As aves reprodutoras chegan na metade de marzo ao sur dos Estados Unidos pero non ata a metade de maio nas provincias canadenses.[23]

Antes da chegada dos colonos europeos a América do Norte, este cirrio nidificaba en árbores ocas; agora utiliza estruturas construídas polo home case exclusivamente.[31] Aínda que segue construíndo algúns niños en árbores ocas (ou, excepcionalmente, nun niño abandonado de petos),[57] a maioría agora nidifica en chemineas, ou en menor número en condutos de ventilación, nas esquinas escuras de edificios en uso iluminados, en cisternas,[58] ou en pozos de auga.[59] O niño é unha ménsula pouco profunda feita de pauciños, que a ave recolle en voo, arrancándoos das árbores. Estas ramiñas son pegadas entre si e á superficie vertical con grandes cantidades de saliva da ave.[60] Durante a estación reprodutora, as glándulas salivares dos adultos aumentan o seu tamaño máis do dobre, desde 7 x 2 mm na estación non reprodutora a 14 x 5 mm durante a estación reprodutora.[19]

A diferenza dalgunhas outras especies de cirrio, que se aparean en voo, os Ch. pelagica aparéanse mentres se aferran a unha superfice vertical preto do seu niño.[61] Copulan diariamente, ata que se completa a posta.[62] A femia normalmente pon 4 ou 5 ovos,[60] aínda que o tamaño da posta oscila entre 2 e 7.[62] Os ovos, que son longos e elípticos, son algo brillantes, lisos e brancos, e miden 20 x 13 mm.[60] Cada ovo pesa case un 10% do peso corporal da femia.[62] A incubación dos ovos fana ambos os proxenitores, e os ovos fan eclosión aos 19 días. As crías e son altriciais, e nacen espidas, cegas e indefensas. As crías emplumadas deixan o niño nun mes.[60]

A vida media da especie é de 4,6 anos,[63] pero sábese dun caso dun exemplar que viviu máis de 14 anos, o cal fora anelado cando era adulto e foi posteriormente recapturado noutras operacións de anelado uns 12,5 anos despois.[64]

Predadores e parasitos[editar | editar a fonte]

Aves de presa como Ictinia mississippiensis, Falco peregrinus e Falco columbarius capturan cirrios adultos desta especie en voo, e están entre as poucas aves veloces dabondo como para poder capturar estes cirrios en voo.[65] Os mouchos Megascops asio ás veces atacan as colonias, e outros predadores non aviarios son as serpes Pantherophis alleghaniensis, e mamíferos como mapaches e esquíos, que o máis probable é que depreden as crías e só nalgúns casos os adultos.[66][67] Cando son molestados por potenciais predadores (incluíndo os humanos) na colonia, os Ch. pelagica adultos golpea as súas ás despois de arquear as costas e botarse a voar, facendo entre todos un ruído alto que lembra un "trono". As crías, cando son molestadas, fan un son alto áspero como un raah, raah, raah. Ambos os sons parecen deseñados para espantar a posibles predadores.[68][69]

Ch. pelagica porta diversos parasitos internos e externos. É o hóspede de especies de nematodos como Aproctella nuda,[70] a especie de ácaros das plumas Euchineustathia tricapitosetosa,[71] e o piollo das aves Dennyus dubius,[72] e tamén porta vermes planos da especie Pseudochoanotaenia collocaliae.[73] O seu niño alberga hemípteros da especie Cimexopsis nyctali, que é similar ao chinche das camas e pode (en raras ocasións) converterse nunha praga nas casas.[74][75]

Vocalizacións[editar | editar a fonte]

Ten unha chamada piante, consistnte nunha rápida serie de píos agudos ásperos. Ás veces fai píos simples.[37]

Conservación[editar | editar a fonte]

Torres construídas ex profeso poden proporcionarlles sitios para nidificar ou pousarse.

En 2010, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza mudou o status de Ch. pelagica desde "especie pouco preocupante" a "case ameazada". En 2018, a IUCN volveuno a cambiar a "especie vulnerable". Aínda que a poboación global estímase en 15 millóns, experimentou un declive moi rápido na maioría da súa área de distribución.[1] As causas do declive da poboación non están claros, pero poden estar relacionados coa alteración da comunidade de insectos debido ao uso de pesticidas na primeira metade do século XX.[76] No Canadá, estivo na lista de especies ameazadas do COSEWIC durante varios anos e no futuro é probable que pase a especie da Lista 1 da Lei de Especies en Risco. Nos EUA, a especie está protexida pola Lei do Tratado de Aves Migratorias de 1918. Non se poden retirar das chemineas nin os niños nin as aves sen un permiso federal.[77]

Despois de baixadas súbitas de temperatura, estas aves ás veces cazan moi baixo sobre as estradas de formigón (probablemente seguindo os insectos atraídos pola calidez da estrada), e sofren con frecuencia choques contra vehículos.[78] As tormentas fortes, como os furacáns, coas que se encontran durante as súas migracións poden ter un grave impacto sobre as súas taxas de supervivencia. Os cirrios atrapados polo furacán Wilma de 2005 foron varridos cara ao norte ata as provincias atlánticas do Canadá e Europa occidental. Máis de 700 foron atopados mortos. Ao ano seginte, as contaxes feitas na provincia do Quebec, no Canadá, mostraron un decrecemento do 62% e a poboación total da provincia reduciuse á metade.[79]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International. 2018. Chaetura pelagica. The IUCN Red List of Threatened Species 2018: e.T22686709A131792415. https://dx.doi.org/10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22686709A131792415.en. Downloaded on 19 December 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Cory, Charles B. (March 1918). Publication 197: Catalogue of Birds of the Americas. 13, part 2. Chicago, IL, USA: Field Museum of Natural History. p. 137. 
  3. Stephens / Macquart; Dipt. exot., Suppl. 4, 271 (ex Mém. Soc. Sci. Lille, 1850 (1851), 244) Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine..
  4. "LISTA DE LAS AVES DE ESPAÑA Edición de 2019 (nombres en gallego)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2020. Consultado o 08 de outubro de 2020. 
  5. Nalgunhas fontes antigas aparece a forma vencello de cheminea. Véxase: Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (3ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5, mais a RAG xa non acepta a forma vencello para referirse a este tipo de aves. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vencello.
  6. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  7. Feduccia, Alan, ed. (1999). Catesby's Birds of Colonial America. Chapel Hill, NC, USA: University of North Carolina Press. p. 78. ISBN 978-0-8078-4816-6. 
  8. Audubon, John James (1840). The Birds of America, vol. 1. Philadelphia, PA, USA: J. B. Chevalier. p. 164. 
  9. Ridgway, Robert; Friedmann, Herbert (1901). The birds of North and Middle America. Washington, D.C.: Government Publishing Office. pp. 714–719. 
  10. Clements, James F.; Diamond, Jared; White, Anthony W.; Fitzpatrick, John W. (2007). The Clements Checklist of Birds of the World (6th ed.). Ithaca, NY, USA: Cornell University Press. p. 188. ISBN 978-0-8014-4501-9. 
  11. Newton, Ian (2003). Speciation and Biogeography of Birds. London, UK: Academic Press. p. 296. ISBN 978-0-08-092499-1. 
  12. Chantler (1999b), p. 443.
  13. 13,0 13,1 13,2 Kyle & Kyle (2005), p. 15.
  14. 14,0 14,1 Jobling, James A. (2010). Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. p. 295. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  15. Dunne, Pete (2003). Pete Dunne on Bird Watching: The How-to, Where-to, and When-to of Birding. New York, NY, USA: Houghton Mifflin. p. 69. ISBN 978-0-395-90686-6. 
  16. Fergus, Charles (2000). Wildlife of Pennsylvania and the Northeast. Mechanicsburg, PA, USA: Stackpole Books. p. 268. ISBN 978-0-8117-2899-7. 
  17. Cramp, Stanley, ed. (1977). Handbook of the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: Birds of the Western Palearctic, Volume 1, Ostrich to Ducks. Oxford, UK: Oxford University Press. p. 3. ISBN 978-0-19-857358-6. 
  18. 18,0 18,1 18,2 "Chimney Swift". All about birds. Cornell Laboratory of Ornithology. Consultado o 29 November 2012. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Johnston, David W. (March–April 1958). "Sex and Age Characters and Salivary Glands of the Chimney Swift" (PDF). The Condor 60 (2): 73–84. JSTOR 1365265. doi:10.2307/1365265. 
  20. 20,0 20,1 Ridgely, Robert S.; Gwynne, John A. (1989). A Guide to the Birds of Panama: With Costa Rica, Nicaragua and Honduras. Princeton, NJ, USA: Princeton University Press. p. 201. ISBN 978-0-691-02512-4. 
  21. Chantler (1999a), p. 185.
  22. 22,0 22,1 Barrows, Walter Bradford (1912). Michigan Bird Life. Lansing, MI, USA: MIchigan Agricultural College. p. 387. 
  23. 23,0 23,1 "Chimney Swift". National Geographic Society. Consultado o 19 December 2012. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Dunne, Pete (2006). Pete Dunne's Essential Field Companion. New York, NY, USA: Houghton, Mifflin. p. 351. ISBN 978-0-618-23648-0. 
  25. Blanchan, Neltje (1903). Bird Neighbors. New York, NY, USA: Doubleday and McClure. p. 67. ISBN 9781417935871. LCCN 04010747. [Ligazón morta]
  26. Henderson, Carrol L.; Adams, Steve (2008). Birds in Flight: The Art and Science of How Birds Fly. Minneapolis, MN, USA: Voyageur Press. p. 89. ISBN 978-0-7603-3392-1. 
  27. 27,0 27,1 Collins, Charles T. (2001). "Swifts". En Elphick, Chris; Dunning Jr., John B.; Sibley, David. The Sibley Guide to Bird Life and Behaviour. London, UK: Christopher Helm. pp. 353–356. ISBN 978-0-7136-6250-4. 
  28. Savile, D. B. O. (October 1950). "The Flight Mechanism of Swifts and Hummingbirds" (PDF). The Auk 67 (4): 499–504. JSTOR 4081091. doi:10.2307/4081091. 
  29. Coues, Elliott (1872). Key to North American Birds. Salem, MA, USA: Naturalists' Agency. p. 45. LCCN 06017833. 
  30. 30,0 30,1 Dunn, Jon L.; Alderfer, Johnathon, eds. (2006). National Geographic Field Guide to the Birds of North America (5th ed.). Washington, DC, USA: National Geographic. p. 270. ISBN 978-0-7922-5314-3. 
  31. 31,0 31,1 Burton, Maurice; Burton, Robert, eds. (2002). "Spinetail Swift". International Wildlife Encyclopedia (3rd ed.). Tarrytown, NY, USA: Marshall Cavendish. p. 2484. ISBN 978-0-7614-7266-7. 
  32. 32,0 32,1 Chantler (1999b), p. 391.
  33. Wood, Casey Albert (1917). The Fundus Oculi of Birds, Especially as Viewed by the Ophthalmoscope. Chicago, IL, USA: Lakeside Press. pp. 56–58. LCCN 17016887. 
  34. 34,0 34,1 Chantler (1999a), p. 187.
  35. "Swifts". The Encyclopedia Americana, vol. 26. New York, NY, USA: Encyclopedia Americana Corporation. 1920. p. 133. 
  36. Surface, H. A. (May 1905). "Family 21, Micropodidae: The Swifts". The Zoological Quarterly Bulletin 3 (1): 22. 
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York, NY, USA: Alfred A. Knopf. p. 290. ISBN 978-0-679-45122-8. 
  38. Sibley, David (11 October 2010). "Identifying Chimney and Vaux's Swifts by wing shape". Sibley Guides. Consultado o 2 December 2012. 
  39. Kaufman, Kenn (2005). Kaufman Field Guide to Birds of North America. New York, NY, USA: Houghton Mifflin Harcourt. p. 228. ISBN 978-0-618-57423-0. 
  40. Edwards, Ernest Preston (1998). A Field Guide to the Birds of Mexico and Adjacent Areas: Belize, Guatemala and El Salvador. Austin, TX, USA: University of Texas Press. p. 70. ISBN 978-0-292-72092-3. 
  41. Lincoln, Frederick C. (October 1944). "Chimney Swift's Winter Home Discovered" (PDF). The Auk 61 (4): 604–609. JSTOR 4080181. doi:10.2307/4080181. 
  42. Wilson, James D. (2001). Common Birds of North America: An Expanded Guidebook. Minocqua, WI, USA: Willow Creek Press. p. 65. ISBN 978-1-57223-301-0. 
  43. 43,0 43,1 Wauer, Roland H. (1999). Heralds of Spring in Texas. College Station, TX, USA: Texas A & M University Press. p. 141. ISBN 978-0-89096-879-6. 
  44. Williams, George G. (March 1956). "Altitudinal Records for Chimney Swifts" (PDF). The Wilson Bulletin 68 (1): 71–72. JSTOR 4158462. 
  45. Dexter, Ralph W. (1946). "More concerning the thundering and clapping sounds of the Chimney Swift" (PDF). The Auk 63 (3): 439–440. JSTOR 4080136. doi:10.2307/4080136. 
  46. Whitcomb, W. H.; Bhatkar, A.; Nickerson, J. C. (December 1973). "Predators of Solenopsis invicta Queens Prior to Successful Colony Establishment". Environmental Entomology 2 (6): 1101–1103. doi:10.1093/ee/2.6.1101. 
  47. Webster, Francis Marion (27 February 1915). "Alfalfa attacked by the clover root circulio". U. S. Department of Agriculture Farmers' Bulletin 649: 1–8. 
  48. Woods, Gordon T. (October 1940). "Chimney Swifts Destroy Many Insects" (PDF). Bird Banding 11 (4): 173–174. 
  49. Duke, Gary E. (April 1977). "Pellet Egestion by a Captive Chimney Swift (Chaetura pelagica)" (PDF). The Auk 94 (2): 385. JSTOR 4085119. 
  50. Tiner, Tim (2009-12-04). "Chimney Swift". Ontario Nature. Consultado o 15 January 2013. 
  51. George, William G. (January 1971). "Foliage-gleaning by Chimney Swifts (Chaetura pelagica)" (PDF). The Auk 88 (1): 177. JSTOR 4083983. doi:10.2307/4083983. 
  52. Crossley, Richard (2011). The Crossley ID Guide: Eastern Birds. Princeton, NJ, USA: Princeton University Press. p. 322. ISBN 978-0-691-14778-9. 
  53. Brown, Charles R. (Autumn 1980). "Chimney Swift Tries to Steal Prey from Purple Martin" (PDF). Journal of Field Ornithology 51 (4): 372–373. 
  54. Cottam, Clarence (October 1932). "Nocturnal Habits of the Chimney Swift" (PDF). The Auk 49 (4): 479–481. JSTOR 4076440. doi:10.2307/4076440. 
  55. Collins, Charles T.; Bull, Evelyn L. "Seasonal Variation in Body Mass of Chimney and Vaux's Swifts" (PDF). North American Bird Bander 21 (4): 143–152. 
  56. Dexter, Ralph W. (April 1992). "Sociality of Chimney Swifts (Chaetura pelagica) Nesting in a Colony" (PDF). North American Bird Bander 17 (2): 61–64. 
  57. Hofslund, P. B. (June 1958). "Chimney Swift nesting in an abandoned Pileated Woodpecker hole" (PDF). The Wilson Bulletin 70 (2): 192. 
  58. Hyde, A. Sydney (January 1924). "Chimney Swift Nesting in a Cistern" (PDF). The Auk 41 (1): 157–158. JSTOR 4074113. doi:10.2307/4074113. 
  59. Rogers, Charles H. (July 1917). "Chimney Swift Nesting in a Well" (PDF). The Auk 34 (3): 337. JSTOR 4072224. doi:10.2307/4072224. 
  60. 60,0 60,1 60,2 60,3 Baicich, Paul J.; Harrison, Colin J. O. (1977). Nests, Eggs, and Nestlings of North American Birds (2nd ed.). Princeton, NJ, USA: Princeton University Press. p. 195. ISBN 978-0-691-12295-3. 
  61. Kyle & Kyle (2005), p. 38
  62. 62,0 62,1 62,2 Kyle & Kyle (2005), p. 39
  63. Dexter, Ralph W. (July 1969). "Banding and Nesting Studies of the Chimney Swift, 1944–1968" (PDF). The Ohio Journal of Science 69 (4): 193–213. 
  64. "Longevity Records of North American Birds". U.S. Geological Survey. Consultado o 5 December 2012. 
  65. Steeves, Tanner K.; Kearney-McGee, Shannon B.; Rubega, Margaret A.; Cink, Calvin L.; Collins, Charles T. (2014). A. Poole, ed. "Chimney Swift (Chaetura pelagica)". The Birds of North America Online. doi:10.2173/bna.646. 
  66. Cink, Calvin L. (Summer 1990). "Snake Predation on Chimney Swift Nestlings" (PDF). Journal of Field Ornithology 61 (3): 288–289. 
  67. Laskey, A. R. 1946. Snake depredation at birds' nests. Wilson Bull. 58:217-218.
  68. Dexter, R. W. 1946. More concerning the thundering and clapping sounds of the Chimney Swift. Auk 63:439-440.
  69. Fischer, R. B. 1958. The breeding biology of the Chimney Swift, Chaetura pelagica (Linnaeus). N.Y. State Mus. Sci. Serv. Bull. 368:1-139.
  70. Hamann, C. B. (March 1940). "Notes on Aproctella nuda sp. nov. a Filarioid Nematode from the Chimney Swift Chaetura pelagica (Linn.)". American Midland Naturalist 23 (2): 390–392. JSTOR 2420671. doi:10.2307/2420671. 
  71. Peterson, Paul; Atyeo, Warren T.; Moss, W. Vayne (1980). Feather Mite Family Eustathiidae (Aracina: Sarcoptiformes). Philadelphia, PA, USA: Academy of Natural Sciences of Philadelphia. p. 32. ISBN 9781422319277. ISSN 0096-7750. 
  72. Ewing, H. E. (1930). "The taxonomy and host relationships of the biting lice of the genera Dennyus and Eureum, including the descriptions of a new genus, subgenus and four species". Proceedings of the United States National Museum 77 (2843): 1–16. doi:10.5479/si.00963801.77-2843.1. 
  73. Manter, H. W.; Snyder, Raymond (April 1961). "Pseudochoanotaenia (Cestoda) in a Chimney Swift (Chaetura pelagica) in North America". The Journal of Parasitology 47 (2): 230. JSTOR 3275293. doi:10.2307/3275293. 
  74. Boyd, Elizabeth M. (December 1951). "The External Parasites of Birds: A Review" (PDF). The Wilson Bulletin 63 (4): 363–369. 
  75. Kell, Stephen A.; Hahn, Jeff. "Prevention and control of bed bugs in residences". University of Minnesota Extension. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2012. Consultado o 27 September 2012. 
  76. Nocera, J; et al. (2012). "Historical pesticide applications coincided with an altered diet of aerially foraging insectivorous chimney swifts". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 279 (1740): 3114–3120. PMC 3385487. PMID 22513860. doi:10.1098/rspb.2012.0445. 
  77. "Chimney Swifts: What's in my chimney". Maryland Department of Natural Resources. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 4 December 2012. 
  78. Finnis, R. G. (January 1960). "Road Casualties Among Birds". Bird Study 7 (1): 21–32. doi:10.1080/00063656009475957. 
  79. Dionne, Mark; Maurice, Cėline; Gauthier, Jean; Shaffer, François (December 2008). "Impact of Hurricane Wilma on migrating birds: the case of the Chimney Swift". The Wilson Journal of Ornithology 120 (4): 784–792. doi:10.1676/07-123.1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chantler, Phil (1999a). Swifts: A Guide to the Swifts and Treeswifts of the World (2nd ed.). London, UK: Pica Press. ISBN 978-1-8734-0383-9. 
  • Chantler, Phil (1999b). "Family Apodidae (Swifts)". En del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi. Handbook of Birds of the World, vol. 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, Spain: Lynx Edicions. pp. 388–466. ISBN 978-84-87334-25-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]