Inlandsis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Austral-Ice.jpg

Islandsis ou folla de xeo (palabra de orixe escandinava) é a denominación correspondente a todo gran campo glaciar do tipo chamado xeo continental localizado en latitudes elevadas e con extensións realmente continentais (máis dun millón de km²). Na actualidade os dous grandes inlandsis son a calota de xeo que recobre a maior parte da Antártida e o que recubre a maior parte de Groenlandia.

Tipoloxía[editar | editar a fonte]

Os inlandsis posúen unha forma cupular cunha gran curvatura, independentemente do relevo que posúa o substrato en que están asentados. O peso do xeo (nas partes máis profundas "xeo fósil") e a neve dos inlandsis (na Antártida chega a ter 2.000 m de espesor) provoca o afundimento da placa continental de sial que recobren. Por este motivo, gran parte do sial na Antártida atópase baixo o nivel do mar.

Durante as glaciacións, a extensión dos inlandsis amplíase considerablemente (na de Würm ou wurmiense, os dous grandes inlandsis -no do hemisferio sur e o do hemisferio norte- estendíanse dende os polos ata aproximadamente os 45º graos de latitude). Durante os períodos mornos ou cálidos interglaciares o retroceso dos inlandsis deixa destacadas pegadas no relevo das terras emerxidas: en primeiro lugar prodúcese por isostasia unha lenta elevación do territorio que estivo baixo o xeo, e preséntanse formacións xeofísicas características: escudos (extensas planicies e chairas debidas á forte erosión dos xeos dun inlandse ao avanzar e retroceder). Isto apréciase especialmente no hemisferio norte onde destacan o Escudo Canadense e o Escudo Escandinavo, lagos glaciares, outeiros morrénicas, vales de orixe glaciar, fiordes, firths, rías, xigantescos cantos rodados e (como ocorre na Patagonia Arxentina) picachos illados (antigos nunataks) chamados chihuidos.

Inlandsis da Antártida[editar | editar a fonte]

O inlandsis antártico constituíuse primeiramente como un campo de xeo a inicios do oligoceno con períodos de avance e retroceso ata o plioceno cando os xeos cubriron a M.U.G. da Antártida ao situarse esta por a deriva continental na área polar meridional.

O inlandsis antártico cobre un área de máis de 14 millóns de km² ampliándose a uns 30 millóns de km² durante o inverno. Coa súa extensión estival de 14 millóns de km² posúe 30 millóns de km³ de xeo, isto significa o 90% da auga doce do planeta Terra. Se os xeos do inlandsis antártico se derreteran o nivel dos océanos elevaríase 61,1 m. O quecemento global xa provocou a case total desaparición das ducias de miles de quilómetros correspondentes á barreira de xeos Larsen a partir dos 1980.

Inlandsis de Groenlandia[editar | editar a fonte]

O inlandsis groenlandés actualmente posúe unha extensión de 1,7 millóns de km², isto é, o 82% da gran illa norteamericana de Groenlandia, o volume dos seus xeos é de 2,85 millóns km³, se se fundise o inlandsis groenlandés o nivel dos océanos ascendería 7,2 m. A situación deste inlandsis é actualmente crítica a causa do quecemento global por factores antrópicos, sendo a velocidade de fusión de 239 km³/ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]