Valeriano Martínez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valeriano Martínez García
Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda.jpg
Nacemento1961
 Aldán
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneconomista e político
editar datos en Wikidata ]

Valeriano Martínez García, nado en Aldán (Cangas) en 1961, é un economista e político galego, do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Económicas e Empresariais poa Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Facenda dende 1985. Foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.

O 9 de febreiro de 2015 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Facenda do goberno galego[1]. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputado no Parlamento de Galicia[2].


Predecesor:
Helena Muñoz Fonteriz
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Facenda
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]