Miguel Corgos
Miguel Corgos | |
---|---|
Nacemento | 1971 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | funcionario e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Corgos López-Prado, nado na Coruña en 1971, é un alto funcionario e político galego, conselleiro de Facenda e Administración Pública dende outubro de 2021.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Ciencias Ecónomicas e Empresariais pola Universidade da Coruña e máster en Administración Financeira e Tributaria así como posgrao en Auditoría de Contas pola mesma universidade, ingresou na función pública galega en 2000 dentro da Intervención Xeral.[1] Conta co diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública.[2] Como funcionario de carreira durante o goberno bipartito presidido por Emilio Pérez Touriño (2005-2009) asumiu a Subdirección xeral de Control Financeiro Permanente da Consellería de Facenda (2005-2007) e logo a Subdirección xeral de Control Orzamentario (2007-2009).
Coa chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, Corgos foi Director Xeral de Orzamentos (2009-2012) e, entre 2012 e 2021, Director Xeral de Planificación e Orzamentos.[3] O 16 de outubro de 2021 foi designado conselleiro de Facenda e Administración Pública para cubrir a vacante deixada polo pasamento do anterior titular, Valeriano Martínez.[4]
Tomou posesión do cargo o 18 de outubro de 2021 no Pazo de Raxoi, participando logo nun Consello da Xunta extraordinario que aprobou o proxecto de orzamentos para o 2022.[5]
Predecesor: Valeriano Martínez |
![]() Conselleiro de Facenda 2021 |
Sucesor: no cargo
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Miguel Corgos López-Prado - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Consultado o 2021-10-16.
- ↑ "Miguel Corgos toma o relevo como conselleiro de Facenda tras a morte de Valeriano Martínez". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-10-16.
- ↑ "Miguel Corgos López-Prado". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-10-16.
- ↑ "Feijóo nomea a Miguel Corgos novo conselleiro de Facenda e Administración Pública". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-16.
- ↑ Galicia, Xunta de (2021-10-17). "A Xunta aprobará mañá o proxecto de orzamentos para 2022, unhas contas enfocadas á recuperación económica na fase final da pandemia". Xunta de Galicia. Consultado o 2021-10-18.