Elas, levarónnos ao espazo
Aparencia
Elas, levarónnos ao espazo | |
---|---|
Autor/a | Nieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández |
Ilustrador/a | MeliMolita |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Tema(s) | mulleres enxeñeiras e científicas |
Xénero(s) | divulgación científica e biografía |
Data de pub. | 2022 |
Páxinas | 38 |
ISBN | 978-84-8158-952-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Elas, levarónnos ao espazo é un libro ilustrado de Nieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández, con deseños de MeliMolita, que dá a coñecer as biografías de doce mulleres enxeñeiras ou científicas. O volume, publicado en 2022, ten a súa orixe na exposición As mulleres que nos levaron á Lúa, organizada pola Universidade de Vigo.
Obxectivo
[editar | editar a fonte]Tanto a exposición coma o libro naceron co fin de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino[1].[2] Entre as mulleres biografadas están as que contribuíron a facer posible a misión Apollo 11 e galegas como Begoña Vila, astrofísica da NASA e supervisora de instrumentos do telescopio espacial James Webb.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elas leváronnos ao espazo | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-02-26.
- ↑ REDACCIÓN (2022-12-22). "Un libro ilustrado recopila los referentes femeninos en la carrera espacial". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Elas, levarónnos ao espazo no blog Mujeres con ciencia
- Ligazón para descargar o libro
- Presentación do Libro