Svetlana Yevguénievna Savitskaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Svetlana Yevguénievna Savitskaya
Nacemento8 de agosto de 1948 e 1948
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Alma máterInstituto de Aviação de Moscou e Kaluga aviation school
Ocupaciónaviadora, astronauta, política, militar, escritora, exploradora, piloto de probas, profesora universitaria e member of the State Duma
PaiYevgeny Savitsky
PremiosOrde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Order "For Merit to the Fatherland", 4th class, Orde da Insignia de Honra, Piloto-Cosmonauta da URSS, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Orde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, Master of skydiving USSR, Order "For Merit to the Fatherland", 3rd class, Pilot class qualification e International Space Hall of Fame
Na rede
Discogs: 3516232 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Svetlana Yevguénievna Savitskaya, nada o 8 de agosto de 1948, foi unha cosmonauta rusa, foi a primeira muller en dar un paseo espacial, atopándose a bordo da Saliut 7 o 25 de xullo de 1984[1], cunha duración de 3h 35 min.

Foi a segunda muller en viaxar ó espazo despois de Valentina Tereshkova, acudindo á estación Saliut 7 no ano 1982. Despois viaxaría de novo ó espazo na Soiuz 12.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Savitskaya entrou en 1972 no Instituto de Aviación de Moscova, Despois de acabar a súa formación, traballou de monitora de aviación. Posteriormente cursou estudos especializados na escola de pilotos de avión. En 1976 titulouse como piloto de probas do Ministerio de Industria Aérea da URSS, sendo capaz de pilotar máis de vinte tipos de avións. Ese mesmo ano ingresou na oficina do deseño de Yakovlev para contribuír á mellora das aeronaves. En 1980 entrou a formar parte dun grupo recentemente formado de cosmonautas mulleres preparándose para realizar voos espaciais en naves de tipo Soiuz.[2][3]

Carreira espacial[editar | editar a fonte]

Savitskaya viaxou ao espazo na Soiuz T-7 e volveu a terra 19 días máis tarde a bordo da Soiuz T-5, debido a que a T-7 quedou atracada na Saliut 7.[4]​ Posteriormente tripulou tamén a Soiuz T-12. Durante a súa estancia na estación espacial Saliut 7, o 25 de xullo de 1984, a cosmonauta Savitskaya converteuse na primeira muller en dar un paseo espacial. Permaneceu fóra da estación durante 3 horas e 35 minutos realizando con éxito traballos de montaxe, cortes de metal e soldaduras. Naquel momento converteuse na primeira muller que viaxou dúas veces ao espazo. É considerada a última cosmonauta soviética, debido a que Elena Kondakova, seguinte en viaxar ao espazo o 3 de outubro de 1994 na Soiuz TM-20, fíxoo xa como cidadá rusa.

Na súa carreira espacial ademais de dificultades técnicas e riscos vitais que asumiu como o resto, como muller pioneira neste ámbito profesional, sufriu o machismo dalgúns dos seus compañeiros como o testemuñan as palabras de acollida que tivo por parte dos mesmos cando se abriu a escotilla da estación espacial soviética: "Temos un mandil preparado para ti, Sveta".[5] En 1993 abandonou o corpo de cosmonautas.[3]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Na etapa final da súa carreira como cosmonauta iniciou a súa carreira como política. Tras traballar como enxeñeira civil en enerxía NPO, en 1987 é nomeada deputada de enerxía. Foi deputada popular do Parlamento Soviético de 1989 ata 1991. Máis tarde, foi elixida para a Duma Estatal e membro como representante do Partido Comunista da Federación Rusa ademais de formar parte do Comité de Defensa.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García, Victoria (2019-03-08). "Sentímolo pola NASA: Svetlana deu o primeiro paseo espacial en 1984". GCiencia. Consultado o 2019-03-10. 
  2. 2,0 2,1 "Svetlana Savitskaya (1948), una cosmonauta que paseó por el espacio | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-07-04. Consultado o 2021-10-06. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Cervantes, Por Erika (2011-11-30). "Svetlana Savitskaya". cimacnoticias.com.mx (en castelán). Consultado o 2021-10-06. 
  4. PEDREIRA 'WICHO', JAVIER (2013-06-16). "50 aniversario de la salida de la primera mujer al espacio | RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-10-06. 
  5. "Por qué hay tan pocas astronautas: "Tienes que demostrar el doble que ellos"". ELMUNDO (en castelán). 2019-04-03. Consultado o 2021-10-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Outros artigos[editar | editar a fonte]