Saltar ao contido

Valentin Inzko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentin Inzko

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Klagenfurt Editar o valor en Wikidata
7º Alto Representante para Bosnia e Hercegovina
26 de marzo de 2009 – 31 de xullo de 2021
← Miroslav Lajčák – Christian Schmidt →
Embaixador da Áustria (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoEslovenos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Graz
Academia Diplomática de Viena
Actividade
Lugar de traballo Liubliana Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, tradutor, diplomático, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBernarda Fink Editar o valor en Wikidata
PaiValentin Inzko Editar o valor en Wikidata
Premios

Valentin Inzko, nado en Klagenfurt o 22 de maio de 1949, é un político, diplomático, avogado, filólogo e tradutor austríaco de orixe eslovena. Desde o 26 de marzo de 2009 é o 7º Alto Representante para Bosnia e Hercegovina.[1]

Inicios e formación

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade austríaca de Klagenfurt o día 22 de maio de 1949, no seo dunha familia eslovena. O seu pai ten o mesmo nome e foi un recoñecido activista cultural e político.

Asistiu a unha escola bilingüe (esloveno-alemá) no municipio de Feistritz im Rosental. Despois de graduarse en secundaria, en 1967 comezou a asistir á Universidade de Graz na cal estudou Dereito e Filoloxía eslava. Logo desde 1972 a 1974 foi alumno da Academia Diplomática de Viena.

Carreira diplomática

[editar | editar a fonte]

En 1974 terminou os seus estudos superiores e entrou no Servizo Diplomático austríaco.

Entre 1982 e 1986 foi agregado de prensa na embaixada de Austria en Belgrado, despois serviu na Misión Diplomática de Austria ante as Nacións Unidas, entre 1990 e 1996 foi agregado cultural de Austria na República Checa, entre outubro e decembro de 1992 foi membro da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) na rexión de Sandžak, entre 1996 e 1999 foi o Embaixador de Austria en Bosnia e Hercegovina e en 2005 foi embaixador en Eslovenia.

Dende o 11 de marzo de 2009 até o 1 de setembro de 2011 foi Representante especial da Unión Europea para Bosnia e Hercegovina.

Actualmente dende o 26 de marzo de 2009 é o 7º Alto Representante para Bosnia e Hercegovina, en substitución do diplomático eslovaco Miroslav Lajčák.

Ao mesmo tempo en xuño de 2010 foi elixido para ser o presidente do Consello Nacional dos Eslovenos de Carintia.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Está casado coa mezzosoprano de orixe arxentina-eslovena, Bernarda Fink. Teñen dous fillos en común. É crente da Igrexa católica.

Cabe destacar que Valentin Inzko é multilingüe, xa que fala con fluidez os idiomas esloveno, alemán, serbocroata, inglés, ruso, francés e checo.

Ademais do seu labor diplomático, entre outras obras foi o tradutor ao esloveno dos ensaios de Václav Havel.

Condecoracións

[editar | editar a fonte]
Distinción Período Lugar Outorgado por
Gran Condecoración de Honra en prata da Orde ao Mérito da República de Austria 2012 Austria Austria Heinz Fischer
  1. ↑ Agencia EFE (13 de marzo de 2009). "El austríaco Inzco designado nuevo representante internacional para Bosnia". Saraxevo. Consultado o 13 de decembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]