Arandeira negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vaccinium uliginosum»)

A arandeira negra[1] Vaccinium uliginosum é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia das ericáceas.

En Galiza aparece (Vaccinium uliginosum subsp microphyllum), ás veces difícil de diferenciar da arandeira brava (Vaccinium myrtillus).

En inglés recibe o nome de black billberry.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É nativo das rexións temperadas do hemisferio norte, a baixa altura no Ártico, e en grandes altitudes ao sur dos Pireneos, os Alpes e o Cáucaso en Europa, as montañas de Mongolia, no norte da China central e o Xapón en Asia, e a Sierra Nevada en California e as Montañas Rochosas en Utah en América do Norte.

Medra sobre solos acedos en uceiras húmidos, páramos, tundra, e no sotobosque dos bosques de coníferas, desde o nivel do mar no Ártico, até 3400 msnm de altitude no sur da gama. En Galiza atopámola nas montañas orientais.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un gamallo caducifolio que medra decia os 10–75 cm de altura, rara vez 1 m de altura, cos talos de cor marrón (a diferenza dos talos verdes da estreitamente relacionada arandeira brava (Vaccinium myrtillus). As follas son ovaladas de 4–30 mm de longo e 2–15 mm de largo, de cor azul-verde pálido, cunha boa marxe e ápice arredondado. As flores son pendulares, en forma de urna, de cor rosa pálido e 4–6 mm de longo, producidas a mediados da primavera. O froito, o arando, é unha baga de cor azul escura-negra de 5–8 mm de diámetro, cunha polpa branca, doce e comestíbel cando está chegada a finais do verán.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Myrtillus grandis Bubani
  • Vaccinium gaultherioides Bigelow
  • Vaccinium uliginosum subsp. microphyllum (Lange) Tolm.
  • Vaccinium uliginosum var. microphyllum Lange
  • Vaccinium uliginosum var. nana Boiss.
  • Vaccinium occidentale Gray
  • Vaccinium uliginosum subsp. alpinum (Bigelow) Hultén
  • Vaccinium uliginosum var. alpinum Bigelow
  • Vaccinium uliginosum subsp. gaultherioides (Bigelow) S.B.Young
  • Vaccinium uliginosum var. occidentale (Gray) Hara
  • Vaccinium uliginosum subsp. occidentale (Gray) Hultén
  • Vaccinium uliginosum subsp. pedris (Harshb.) S.B.Young
  • Vaccinium uliginosum subsp. pubescens (Wormsk. ex Hornem.) S.B. Young
  • Vaccinium uliginosum var. salicinum (Cham.) Hultén[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. Sinónimos en Catalogue of life

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]