Saltar ao contido

Uta Hagen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUta Hagen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Uta Thyra Hagen Editar o valor en Wikidata
12 de xuño de 1919 Editar o valor en Wikidata
Gotinga (Reich alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2004 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Profesora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReich alemán
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
University of Wisconsin High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión , mestra , actriz de teatro , actriz de cinema , actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
AlumnosRoy London e Steve McQueen Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHerbert Berghof (1957–1990)
José Ferrer (1938–1948)
FillosLetty Ferrer (en) Traducir
 () José Ferrer Editar o valor en Wikidata
PaiOskar Hagen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsHolger Hagen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0353467 Allocine: 3703 Allmovie: p29555 IBDB: 43654
BNE: XX1597962 WikiTree: Hagen-592 Find a Grave: 8279575 Editar o valor en Wikidata

Uta Thyra Hagen, nada en Gotinga o 12 de xuño de 1919 e finada en Greenwich Village o 14 de xaneiro de 2004, foi unha actriz e profesora estadounidense. Orixinou o papel de Martha na estrea en Broadway en 1962 de Who's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee, que a chamou "unha actriz fondamente verídica". Como Hagen estaba na lista negra de Hollywood, en parte a causa da súa asociación con Paul Robeson, as súas oportunidades no cinema diminuíron e centrou a súa carreira no teatro neoiorquino.

Posteriormente converteuse nunha influente profesora de interpretación no Herbert Berghof Studio de Nova York e escribiu textos sobre interpretación de grande éxito como Respect for Acting, con Haskel Frankel,[1] e A Challenge for the Actor. As súas contribucións fundamentais á pedagoxía teatral foron unha serie de exercicios que construíu sobre o traballo de Konstantin Stanislavski e Yevgeny Vakhtangov.

Foi elixida para o American Theater Hall of Fame en 1981.[2] Gañou en dúas ocasións o Tony á mellor actriz e recibiu un Tony especial en 1999.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do historiador da arte Oskar Hagen e da cantante de ópera Thyra Leisner, a súa familia emigrou aos Estados Unidos en 1924.[3] Criouse en Madison, Wisconsin, e en 1937 estableceuse en Nova York.[4]

Debutou en 1937 como Ofelia en Hamlet en Dennis, Massachusetts, na compañía de Eva Le Gallienne, á que seguiu Nina de A gaivota de Anton Chekhov e a protagonista de Saint Joan, de George Bernard Shaw. Co seu marido José Ferrer interpretou o papel de Desdémona no Otelo de Paul Robeson.

Dende 1947 destacou como mestra de actores no HB Studio[5] en Greenwich Village; entre os seus alumnos estiveron Matthew Broderick, Christine Lahti, Jason Robards, Sigourney Weaver, Liza Minnelli, Whoopi Goldberg, Jack Lemmon, Debbie Allen e Al Pacino.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Uta Hagen estivo casada con José Ferrer entre 1938 e 1948.[6] Tiveron unha filla, Leticia (nada o 15 de outubro de 1940). Divorciáronse en parte pola relación de Hagen con Paul Robeson, coprotagonista de Otelo. Hagen casou con Herbert Berghof o 25 de xaneiro de 1957, unión que durou ata a morte del en 1990. Hagen faleceu en Greenwich Village en 2004 despois de sufrir un infarto en 2001.[6]

  1. Hagen, Uta (1973) [1960]. Respect for Acting. Nova York: Wiley Publishing, Inc. ISBN 978-0-02547-390-4. 
  2. "Elected to the Theater Hall of Fame". The New York Times. 3 de marzo de 1981. Consultado o 14 de novembro 2013. 
  3. Port of New York, passenger list of the S.S. Luetzow, 4 de setembro de 1924, folla 41.
  4. "Lady Invincible Arquivado 13 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.", Wisconsin Academy Review, vol. 46, número 4, outono de 2000.
  5. "HB Studio in New York". 
  6. 6,0 6,1 "Uta Hagen, 84; Tony Winner, Teacher at Famed Acting School". Los Angeles Times. 16 de xaneiro de 2004. p. 164. Consultado o 7 de marzo de 2019 – vía Newspapers.com. 
  7. "1951 Tony Awards". Infoplease.com. Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  8. "Meet Uta Hagen". HB Studio. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  9. Book of Members, 1780–2010: Chapter H (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 25 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]