Union Bordeaux Bègles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Union Bordeaux-Bègles»)
Union Bordeaux Bègles
NomeUnion Bordeaux Bègles
Alcume(s)Les Girondins, The Girondists
Fundación2005
SedeAgen, Aquitania
Estadio(s)Stade Chaban-Delmas e
Noveau Stade de Bordeaux
Capacidade34.694 e
40.000 espectadores
PresidenteFrancia Laurent Marti
AdestradorFrancia Raphaël Ibañez
Capitán Matthew Clarkin
Anotador-
Ensaios-
Liga(s)Top 14
2015/16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.ubbrugby.com
Twitter: UBBrugby Instagram: ubbrugby Editar o valor em Wikidata

O Union Bordeaux Bègles é un equipo profesional de rugby francés da cidade de Bordeos, a capital do departamento da Gironda e da rexión da Aquitania. O club fundouse fai pouco, no ano 2005, e dende entón segue progresando ata acadar o seu mellor resultado ata o momento, a vitoria nos playoffs por xogar na Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016. O equipo ten xogado en bastantes campos, mais os estadios nos que xoga actualmente son o Stade Chaban-Delmas con capacidade para 34.694 espectadores (estadio principal) e o Novo Estadio de Bordeos dunha capacidade para 40.000 espectadores (estadio secundario e no que xoga nunhas 3 ocasións ao ano).

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Union Bordeaux Bègles aínda non conseguiu ningún título de relevancia. A vitoria máis salientable foi a conseguida no play-off da Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016, coa que o club logrou clasificarse para mencionada competición.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Francia Top 14 — Tempada 2017/18
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
Montpellier Hérault (F) 81 26 17 0 9 752 559 +193 11 2
Racing 92 (SF) 80 26 18 0 8 622 478 +144 5 3
Stade Toulousain (CF) 74 26 16 1 9 719 595 +124 4 4
RC Toulon (CF) 73 26 14 0 12 766 507 +259 9 8
Lyon OU (SF) 70 26 15 0 11 689 545 +144 7 3
Castres Olympique (C) 69 26 15 0 11 638 624 +14 4 5
Stade Rochelais 67 26 14 1 11 686 531 +155 6 3
Section Paloise 66 26 15 0 11 590 584 +6 2 4
ASM Clermont Auvergne 54 26 11 1 14 629 687 –59 4 4
10º Union Bordeaux Bègles 48 26 10 1 15 557 623 -66 2 4
11º SU Agen 46 26 10 0 16 537 757 -220 2 4
12º Stade Français 42 26 9 0 17 540 740 -200 2 4
13º Oyonnax Rugby 39 26 7 3 16 566 824 -258 1 4
14º CA Brive 36 26 7 1 18 485 736 -241 1 5
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º).
En azul      os clubs clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (3º, 4º, 5º e 6º).
En vermello      os clubs que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]