Campos do Jordão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campos do Jordão
Bandeira CamposdoJordao SaoPaulo Brasil 2.svg Brasao CamposdoJordao SaoPaulo Brasil 2.svg
Estado São Paulo
Superficie 289,5 km²
Poboación 47 903 (Est. 2004)
Altura média 1628 m sobre o nivel do mar
Distancia da capital do estado 167 km
Código postal (CEP): 12460-000
Localización:
Latitude
Lonxitude
Serra da Mantiqueira
22º 41' 15" S
45º 33' 45" O
Administración municipal: Prefeitura Municipal de Campos do Jordão - Rua Marcos Antônio Cardoso, 240 - Morro do Elefante
Internet: Prefeitura Municipal de Campos do Jordão.
Prefecto João Paulo Ismael
Mapa en São Paulo
SaoPaulo Municip CamposdoJordao.svg

Campos do Jordão é unha cidade turística con clima de montaña do estado de São Paulo. Fica a uns 165 km da capital, por dúas modernas estradas. No inverno é moi visitada polo seu clima, que lembra o de rexións da Suíza ou Austria (o frío pode chegar ata mesmo a -5 °C en noites moi frías). Os seus cafés, os hoteis de estilo alpino, e o seu Festival de Inverno de música erudita reciben, nesa época, milleiros de visitantes e tamén estudantes de música que buscan perfeccionárense estudando coas orquestras que se presentan no Festival.

Moitas persoas ricas teñen grandes mansións nos barrios densamente arborizados da cidade, que habitan na temporada de inverno. A clase media costuma transladarse por períodos máis curtos: fins de semana ou mesmo facendo unha visita dun día, apenas. Pola cantidade de visitantes pódese comparar o movemento na cidade no inverno coas cidades de praia durante os meses de verán.

Vista do centro de Campos do Jordão.