Ty Cobb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ty Cobb
Ty-Cobb-1913-NPC-detail-1.jpeg
Nacemento18 de decembro de 1886
 Narrows
Falecemento17 de xullo de 1961
 Atlanta
CausaCancro de próstata
SoterradoXeorxia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónbeisbolista
editar datos en Wikidata ]

Tyrus Raymond Cobb, nados en Narrows (Xeorxia) o 18 de decembro de 1886[1] e finado en Atlanta o 17 de xullo de 1961, alcumado The Georgia Peach ("O pexego de Xeorxia"), foi un xogador de béisbol estadounidense da Major League Baseball (MLB) na posición de outfielder. Cobb pasou 22 temporadas nos Detroit Tigers, os últimos seis como xogador-xerente do equipo, e rematou a súa carreira cos Philadelphia Athletics. En 1936 Cobb recibiu máis votos que calquera outrao xogador na primeira escolla para o Baseball Hall of Fame, recibindo 222 dun máximo de 226 votos (98,2%); ningún outro xogador recibiu unha porcentaxe de votos tan alta ata Tom Seaver en 1992. En 1999, os editores de Sporting News situaron a Ty Cobb como o terceiro na lista de 100 mellores xogadores de béisbol.[2]

Cobb está recoñecido co establecemento de 90 récords da MLB durante a súa carreira.[3][4][5][6] O seu total combinado de 4065 carreiras marcadas e bateadas (tralo axuste para home runs) é aínda o máis alto producido por calquera outro xogador dunha gran liga. Mantiña tamén varios récords ata 2018, incluíndo a media máis alta de bateo (0,366 ou 0,367, segundo a fonte) e máis títulos de bateo con 11 (ou 12 segundo as fontes).[7] Ademais retivo moitos outros récords durante medio século ou máis.[8][9][10][11][12][13]

O legado de Cobb, que inclúe un gran fondo para bolsas de estudos para residentes de Xeorxia, financiado polos seus investimentos en Coca-Cola e General Motors, en certo modo foi manchado por acusacións de racismo e violencia, que xurdiron dun par de biografías fortemente desacreditadas publicadas despois da súa morte.[14][15] A reputación de Cobb como un home violento foi avivada polo seu primeiro biógrafo, o escritor especializado en deporte Al Stump, as historias do cal foron cualificadas de sensacionalistas e amplamente probadas que son ficticias.[16][17][18][19][20] Mentres era coñecido por ter conflitos ás veces violentos, incluídos con afroamericanos, as actitudes de Cobb sobre a raza experimentou un cambio despois da súa retirada, e falou a favor de que os xogadores negros se unisen ás grandes ligas.[15][21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ty Cobb". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  2. "Baseball's 100 greatest players". Baseball Almanac. Consultado o 21 de xullo de 2016. 
  3. Peach, James (xuño de 2004). "Thorstein Veblen, Ty Cobb, and the evolution of an institution". Journal of Economic Issues. Consultado o 30 de xaneiro de 2007. (Abstract Only) 
  4. Zacharias, Patricia. "Ty Cobb, the greatest Tiger of them all". The Detroit News. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2007. (Abstract Only) 
  5. Wolpin, Stewart. "The Ballplayers – Ty Cobb". BaseballLibrary.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2007. Consultado o 5 de xuño de 2007. 
  6. Schwartz, Larry. "He was a pain ... but a great pain". ESPN Internet Ventures. Consultado o 30 de xaneiro de 2007. 
  7. "Most Times Leading League". Sports Reference, Inc. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2007. Consultado o 21 de marzo de 2007. 
  8. "Career Leaders for Hits (Progressive)". Sports Reference, Inc. Consultado o 19 de marzo de 2007. 
  9. Holmes, Dan (2004). Ty Cobb: A Biography. Greenwood Publishing Group. p. 136. ISBN 0-313-32869-2. Consultado o 12 de xaneiro de 2009. 
  10. "Career Leaders for Runs (Progressive)". Sports Reference, Inc. Consultado o 19 de marzo de 2007. 
  11. "Career Leaders for Games (Progressive)". Sports Reference, Inc. Consultado o 19 de marzo de 2007. 
  12. "Career Leaders for At Bats (Progressive)". Sports Reference, Inc. Consultado o 19 de marzo de 2007. 
  13. "Career Leaders for Stolen Bases". Sports Reference, Inc. Consultado o 30 de xaneiro de 2007. 
  14. Fricks, Wesley. "Ty Cobb's label as racist is undeserved, baseball historian says". Augusta Chronicle. Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  15. 15,0 15,1 King, Gilbert (30 de agosto de 2011). "The Knife in Ty Cobb's Back". Smithsonian. 
  16. "Ty Cobb history built on inaccuracies". MLB.com (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  17. Ty Cobb, myth, legend, popular culture
  18. Cobb 2010
  19. "How Ty Cobb the truth got lost inside Ty Cobb the myth". Detroit Free Press (en inglés). Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  20. "The Softer Side of Ty Cobb | The Saturday Evening Post". www.saturdayeveningpost.com. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  21. Miller, Glenn (24 de setembro de 2015). "The Curious Case of Ty Cobb". Naples Herald (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]