Tulsa (grupo musical)
Tulsa | |
---|---|
Orixe | Madrid, España |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Subterfuge Records |
Membros | Miren Iza (guitarra acústica e voz) Alfredo Niharra (guitarra e coros) Gabriel Marijuan (batería) Miguel Guzmán (baixo e guitarras) Alberto Rodrigo (baixo e coros) Charlie Bautista (teclados e coros) |
Tulsa é un grupo musical español formado e liderado pola cantautora Miren Iza (Hondarribia, 1979). Toma o seu nome da cidade estadounidense de Tulsa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes da formación de Tulsa, Miren Iza formara parte da banda riot grrrl de punk rock e surf rock Electrobikinis, que cantaban en inglés. A banda separouse en 2002, emprendendo Miren a súa carreira en solitario uníndose ao guitarrista Alfredo Niharra e así, xa como cantante e compositora en castelán dá algúns concertos.
Miren foi a vivir a Madrid, onde Tulsa desde entón ten a súa base de operacións. En 2006 publicaron con Lucinda Records o seu primeiro disco, un EP de 4 temas gravados por Niharra no local de ensaio, e que empezan a dar forma ao son de Tulsa con temas como "Seguramente me lo merezco" ou "La Goulue".[1]
En 2007 publicaron coa discográfica Subterfuge Records, Solo me has rozado. Definidos por El País como «algo así como Cecilia cantando con The Jayhawks como banda de acompañamento» e seleccionados por Rockdelux entre os mellores sinxelos do ano, as referencias musicais de Tulsa alcanzan desde o rock estadounidense ou de raíces (Gram Parsons, Bob Dylan) até personaxes máis próximos como Nacho Veigas ou Christina Rosenvinge. En 2007 o grupo foi nomeado ao Grammy Latino na categoría de Novos Artistas.[2]
En 2010 publicaron Espera a pálida, producido por Karlos Osinaga (Lisabö) e coa colaboración de Anari.[3]
En 2011 Miren Iza anunciou nun comunicado que a banda ía toma un descanso indefinido por motivos persoais, sen especificar unha data de regreso aos escenarios.[4][5][6] Esta fuxida foi provocada porque a Miren lle ofreceron traballo en Nova York para exercer a súa outra gran paixón, a psiquiatría. Durante este ano e medio, mantivo en certo xeito a súa actividade musical en Estados Unidos, ofrecendo pequenas xiras e producindo novas cancións.[7][8]
En 2013 presentouse a curtametraxe Ignonauta, dirixido polo realizador Raúl Santos, protagonizado por Miren Iza, e construída arredor de tres cancións inéditas de Tulsa: "Bórrame del mapa", "Verano averno" e "El baile", producidas por Subterfuge Records.[9][10]
En xaneiro de 2015 presentaron o seu novo traballo "La calma chicha" (Gran Derby Records), cun son innovador e as letras desoladoras dos discos anteriores. O disco foi gravado en Madrid e producido por Carasueño, Charlie Bautista e a propia Miren. Créanse impoñentes atmosferas infestadas de sintetizadores e caixas de ritmos que adornan a voz doce e á vez desgarrada e melancólica de Miren. A espera valeu a pena, e nel destacan temas como "Oda al amor efímero", "Gente común" (posible homenaxe a Pulp e declarado Melocotonazo apadrinado nacional do ano no programa Hoy empieza todo de Radio 3), ou a brutal "En tu corazón sólo hay sitio en los suburbios".
A música de Tulsa percorre toda a película desde o inicio, mesmo chega a formar parte dela aparecendo a propia Miren en concerto en varios bares durante a trama, tomando máis adiante un singular e simbólico papel nela.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Tulsa (Lucinda Records, 2006)
- Solo me has rozado (Subterfuge Records, 2007)
- Espera la pálida (Subterfuge Records, 2010)
- La calma chicha (Gran Derby Records,2015)
- Centauros (I*M Records, 2017)
Outros
- B.S.O. Ignonauta (Subterfuge Records, 2013)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En abril de 2015, o grupo acadou o premio Biznaga de Prata á mellor música no 18º Festival de cine español de Málaga pola súa participación a banda sonora de Los exiliados románticos, dirixida por Jonás Trueba.
- En 2024, recibiu o Premio Nacional das Músicas Actuais.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tulsa EP".
- ↑ "El grupo Tulsa de la hondarribiarra Miren Iza nominado a los Grammy". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2018.
- ↑ "Escucha el disco de Tulsa". Jenesaispop.
- ↑ Muñoz, C. "Tulsa se ralla y se va a Nueva York: descanso indefinido para la banda".
- ↑ Portela, L. "Tulsa, la cantante española que emigra a Nueva York para trabajar como psiquiatra". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2018.
- ↑ López Palacios, I. "Hasta luego, Tulsa".
- ↑ "Tulsa inicia una gira por Estados Unidos". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2015. Consultado o 19 de abril de 2018.
- ↑ Fasshmor, Z. "Una nueva de Tulsa: Quieren Creer en Dios".
- ↑ "Tulsa y su primer cortometraje – Ignonauta".
- ↑ "Tulsa y Raúl Santos presentan el cortometraje 'Ignonauta'".
- ↑ Redacción (14 de outubro de 2024). "Tulsa, Premio Nacional de Músicas Actuales 2024, tras años «de baches y dudas» como mujer". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2024.