Anari
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Anari | |
---|---|
Data nacemento | 29 de decembro de 1970 |
Nado en | Azkoitia, Guipúscoa |
Ocupación | compositora de cancións, cantante e escritora |
Xénero | rock folk post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Esan Ozenki, Metak |
Na rede | |
[1] | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ana Rita Alberdi, coñecida como Anari, nada en Azkoitia (Guipúscoa), en 1970, é unha cantante e compositora vasca.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou en 1997, manténdose en activo. Editou cinco discos en solitario e un disco en colaboración co músico navarro Petti. Os seus discos recibiron excelentes críticas, e comparóuselle con PJ Harvey (a "PJ Harvey vasca"), Cat Power ou Nick Cave[1].
Exerce como profesora de lingua e literatura hispánicas e filosofía nun instituto de educación secundaria de Ordizia.
Historia[editar | editar a fonte]
Os seus primeiros pasos na música deunos como batería no grupo Psych Out (xunto con membros de Akauzazte), con letras en inglés. Decide adoptar o éuscaro como forma de expresión, debutando en 1997 cun disco homónimo no que colaboran Mikel Abrego (batería de BAP!! e Negu Gorriak, entre outros), Xabi Strubell (guitarra de Dut) e un elenco de músicos vascos que seguirán acompañando a Anari nos seus posteriores discos. As letras inspíranse en textos de Hans Magnus Enzensberger, Eduardo Galeano, Joseba Sarrionandia ou Ruper Ordorika. O disco é un éxito de crítica.
O seu segundo álbum non chegou ata o ano 2000. Nesta ocasión cedeulle a Kaki Arkarazo o papel principal na produción. Volveron colaborar Mikel e Xabi, ademais do propio Kaki, Drake (baixista de Bap!!), Ruper Ordorika, Mikel Azpiroz o Petti (con quen acabaría publicando o split Anari ta Petti en 2003). O disco volveu ser un éxito de crítica, alcanzando a lista dos mellores discos nacionais de 2000 segundo a revista musical catalá Rockdelux. Esta mesma revista concedeulle en 2004 o posto número 77 na lista dos "100 mellores discos españois do século XX".
Ata 2005 non apareceu o seu terceiro e máis aclamado traballo, Zebra. Nel comeza unha colaboración con Karlos Osinaga (de Amodio e ex-Lisabö), que é quen se encarga esta vez da produción. O disco gravouse nos estudios "Bomberenea" de Tolosa, situados nunha casa okupada desta localidade. Volven aparecer Drake e Mikel, ademais de Karlos ou Rober! (cantante de Atom Rhumba). O disco é aclamado unanimemente pola prensa musical especializada.
A inseguridade que sente no escenario ou á hora de compor fixeron que Anari se prodigase pouco, tanto en directo, tocando puntualmente e non realizando nunca unha gran xira estatal, como en estudio.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Anari (Esan Ozenki, 1997). CD.
- Habiak (Esan Ozenki, 2000). CD.
- Zebra (Metak, 2005). CD.
- Anari Kafe Antzokian Zuzenean (Bidehuts, 2008). CD.
- Irla izan (Bidehuts, 2009). CD.
- Zure aurrekari penalak (Bidehuts, 2015). CD.
Splits[editar | editar a fonte]
- Anari ta Petti (Metak, 2003). CD de catro cancións que xurdiron da colaboración entre Anari e Petti.
Participacións en recompilatorios[editar | editar a fonte]
- "Postariarena" en Ikastola Berria Eraiki Dezagun Zuberoan (Esan Ozenki, 1997). CD recompilatorio para recadar fondos para a ikastola de Sohuta no País Vasco Francés.
- "Muga kanta" en Acuarela songs (Acuarela, 2004).
- "Habiak" en The Rockdelux Experience. 23.11.2004 (Sinedín-Rockdelux, 2005). CD do concerto de celebración do 20 aniversario da revista musical catalá Rockdelux.
Outras colaboracións[editar | editar a fonte]
- "Eskale baten memoriak", do grupo de metal vasco Eraso! (disco Erantzunik gabe, 1.999).
- "Mendebaldarketa", de Fermin Muguruza (disco FM 99.00 Dub Manifest, 1.999).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Influencias de Anari". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2006. Consultado o 31 de agosto de 2007.