Cecilia (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cecilia
Nome completoEvangelina Sobredo Galanes
AlcumeCecilia
Nacemento11 de outubro de 1948
 El Pardo
Falecemento2 de agosto de 1976
 Colinas de Trasmonte
Causaaccidente de carro
SoterradaCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantautora
Coñecido/a porUn ramito de violetas
editar datos en Wikidata ]
Monumento a Cecilia en Colinas de Trasmonte, lugar da súa morte.

Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976, foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a quinta dos oito fillos do militar e diplomático galego José Ramón Sobredo Rioboo (1909-1990), e de María Dolores Galanes Saavedra, «Lolocha». Por mor do oficio do seu pai tivo unha infancia itinerante, e viviu no Reino Unido, Estados Unidos, Portugal, Alxeria e Xordania. Comezou a tocar a guitarra e a cantar cunha monxa estadounidense. Aprendeu inglés ao tempo que o castelán, e as súas primeiras cancións foron nos dous idiomas, decantándose finalmente por este último. De regreso a España comezou os estudos de Dereito, pero decidiu abandonalos e dedicarse por completo á música. As súas letras teñen un fondo poética e literario, e adscríbense a correntes existencialistas e á canción protesta feminista. Mantivo unha relación afectiva co tamén músico Luis Gómez-Escolar, con quen colaborou nalgúns traballos.

O 2 de agosto de 1976, sobre as 5:40 horas da madrugada, Cecilia morreu nun accidente de tráfico na estrada N-525 na aldea de Colinas de Trasmonte, a 13 km de Benavente (Zamora). Regresaba tras un concerto esa mesma noite na Sala Nova Olimpia de Vigo, cando o seu automóbil, un Seat 124 matrícula M-2342-AX, bateu coa parte posterior dun carro tirado por bois que circulaba sen luces[1] nun tramo de vía urbana non iluminado. Ía durmida e morreu de forma instantánea. Acompañábana os seus tres músicos, finando o batería, Carlos de la Iglesia, amais dos dous ocupantes do carro.

Está soterrada no Cemiterio da Almudena.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

En Madrid comenzou a tocar e cantar cancións en inglés en colexios maiores. En 1970 gravou o sinxelo Expresión canda a Ignacio Sáez de Tejada (Nuestro Pequeño Mundo), que incluía as cancións "Try catch the sun" y "Have you ever had a blue day?". En 1971 firmou un contrato coa multinacional CBS, que acababa de instalarse en España. Adoptou o nome artístico de Cecilia polo tema homónimo de Simon and Garfunkel. Gravou o seu primeiro sinxelo en solitario coas cancións "Mañana" e "Reuníos", esta última adicada a The Beatles, que viñan de separarse.

En 1975 representou a España no Festival da OTI.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La cantante Cecilia muere en accidente de tráfico", artigo en ABC, 3 de agosto de 1976 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]