Tucho de la Torre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tucho de la Torre
Información persoal
Nome Antonio de la Torre Muñoz
Nacemento 4 de xullo de 1939
Lugar de nacemento Marín
Falecemento 18 de setembro de 2017
Lugar de falecemento Marín
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1960 Celta de Vigo 25 (0)
1957–1958Racing de Ferrol (cedido) 22 (2)
1960–1962 Sevilla 11 (0)
1962–1963 Zaragoza 6 (0)
1963–1964 Deportivo da Coruña 2 (0)
1965–1966 Badajoz 21 (6)
1966–1969 Cádiz 91 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio de la Torre Muñoz, nado en Marín o 4 de xullo de 1939 e finado na mesma vila o 18 de setembro de 2017[1], foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista, coñecido como Tucho de la Torre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na categoría infantil no campo da Escola Naval Militar de Marín. Con 13 anos emigrou coa súa familia a Venezuela, onde xogou nos equipos Colonia Canaria e Banco Obrero. Nesa etapa foi disputou un torneo en Haití. Na súa mocidade practicou tamén boxeo, natación e esgrima.

Con 17 anos regresou a Galicia, e na campaña 1957-58 fichou polo Celta de Vigo, se ben foi cedido ao Racing de Ferrol. Na tempada seguinte debutou co equipo vigués, se ben descenderon a segunda división. Na tempada 1959-60 o equipo rematou segundo na liga regular, e antes dos partidos da promoción de ascenso anunciouse o seu traspaso ao Sevilla FC xunto con Juan Manuel, por un pago dun millón e medio de pesetas polos dous xogadores. Xogou en primeira división co Sevilla e logo pasou ao equipo filial. Despois fichou polo Real Zaragoza, Deportivo da Coruña, CD Badajoz e Cádiz CF.

Retirada e recoñecemento[editar | editar a fonte]

Despois de deixar o fútbol dedicouse á hostalaría. En 1970 abriu na súa vila natal a cafetería Xeitosa, na que traballou até a súa xubilación en febreiro de 2006. En 2015 o concello de Marín concedeulle un dos seus premios aos mellores deportistas locais en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu apoio ao deporte base. Desde este ano a Escola de Fútbol Vila de Marín organiza un torneo de fútbol-8 prebenxamín e benxamín que leva o seu nome.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]