Tu Fu
Tu Fu | |
---|---|
![]() Debuxo artístico, posterior á morte do poeta Du Fu | |
Nome completo | 杜甫 |
Nacemento | 712 |
Lugar de nacemento | Gongyi |
Falecemento | 770 |
Lugar de falecemento | Tanzhou |
Soterrado | tomb of Du Fu |
Nacionalidade | Dinastía Tang |
Ocupación | poeta, escritor e calígrafo |
Pai | Du Xian |
Fillos | Du Zongwen, Du Zongwu e Du Siye |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Du Fu (chinés: 杜甫, pinyin: Dù Fǔ), tamén coñecido como Dù Shàolíng (杜少陵) ou Dù Gōngbù (杜工部), nado en Gongyi no ano 712 e finado en Tanzhou en 770, foi un destacado poeta chinés durante a época da dinastía Tang. O seu nome de cortesía era Zǐ Měi (子美).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Contemporáneo e amigo de Li Bai (Li Po), a súa poesía tivo, porén, un carácter máis político e social que a de Li Bai. A pesar de suspender os exames imperiais nunha ocasión, chegou a se converter en funcionario do Estado, traballando na corte do emperador Tang Suzong.
A súa vida pasou por moitas vicisitudes, a principal das cales sería a rebelión de An Lushan de 755, que desestabilizou todo o país e obrigou a Du Fu a abandonar, xunto á corte Tang, a capital Chang'an. Pasaría o resto da súa vida en condicións moi precarias.
Debido á orixinalidade da súa obra, non logrou un gran recoñecemento durante a súa vida. Porén, o seu prestixio e fama non cesarían de crecer tras a súa morte, chegando a se converter nun dos máis grandes escritores da historia chinesa, cuxa influencia pasou a xeracións posteriores de poetas tanto na China como no Xapón.