Tsugumi Ōba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tsugumi Ōba
Nacemento2 de xaneiro de 1960
 Toquio, Flag of Japan.svg Xapón
NacionalidadeXapón
OcupaciónMangaka, escritor e guionista
XénerosManga, Seinen manga
Coñecido/a porDeath Note e Bakuman
editar datos en Wikidata ]

Tsugumi Ōba (大場 つぐみ Ōba Tsugumi?, nado o 2 de xaneiro de 1960 en Toquio) é un artista manga xaponés. É coñecido por ser o autor da serie Death Note xunto co ilustrador Takeshi Obata dende 2003 a 2006, que vendeu 26,5 millóns de volumes.[1] A segunda serie de ambos, Bakuman. (2008–2012), tamén tivo éxito, con máis de 15 millóns de volumes vendidos.[2] No 2014, colaborou co creador de My Little Monster, Robico, para o one-shot "Skip! Yamada-kun".[3]

A súa identidade real permanece en segredo.[4] Ten citado a Shotaro Ishinomori, Fujiko Fujio e Fujio Akatsuka como creadores manga que o inspiraron fortemente.[5] Como se detalla no espazo do escritor reservado no comezo de cada volume de Death Note, Ōba colecciona cuncas de té e desenvolve os argumentos dos seus mangas mentres sostén os seus xeonllos sentado nunha cadeira, dun xeito semellante a como fai a personxe de L, un dos principais da serie.[6]

Traballos[editar | editar a fonte]

  • Death Note con Takeshi Obata (2003–2006)
  • Bakuman. (バクマン。?) con Takeshi Obata (2008–2012)
  • "Skip! Yamada-kun" (スキップ!山田くん?) con Robico (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Top Manga Properties in 2008 - Rankings and Circulation Data". Comipress. 31 de decembro de 2008. Consultado o 2 de agosto de 2014. 
  2. "Kenshin's Takeru Satoh & Ryunosuke Kamiki Star in Live-Action Bakuman Film". Anime News Network. 7 de maio de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2014. 
  3. "Death Note's Ohba, My Little Monster's Robico Make 1-Shot Manga". Anime News Network. 20 de abril de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2014. 
  4. Bakuman, Volume 2. Inside cover profiles, Ohba's gender was previously unknown to the general public. Bakuman, volume 3- "His current series is Bakuman, serialized in Weekly Shonen Jump
  5. "SNEAK PEEK: Tsugumi Ohba Interview". Viz Media. Consultado o 2 de xaneiro de 2014. 
  6. "VIZ Media Profiles: Takeshi Obata and Tsugumi Ohba". Viz Media. Consultado o 3 de agosto de 2008.