Lista de personaxes de Death Note

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Neste artigo aparecen as personaxes do manga e do anime Death Note, así como personaxes dos filmes e das novelas baseadas en devanditaa obra.

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Light Yagami[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Light Yagami.

Light Yagami (夜神 月 Yagami Raito, escríbese Moon Yagami pero pronúnciase como Lightt Yagami?) naceu o 28 de febreiro de 1986. É un dos mellores estudantes do Xapón e, ó comezo da serie, está a piques de rematar o instituto. É frío e calculador, e o seu intelecto combinado cun complexo de superioridade fan quevexa a sociedade como un conxunto de inferiores.

Despois de atopar o Death Note que Ryuk tirou á Terra por aburrimento e descubrir os seus poderes, as súas obsesións e complexos vense confirmados e crese un elixido para moldear o mundo a unha imaxe que el aprobe. Co Death Note decide facer do mundo un lugar mellor, executando a tódolos criminales e a quen considere malvado ou molesto para acadar o seu obxectivo. Así, pretende crear unha "sociedade" perfecta e sen violencia na que el sexa o deus do novo mundo.

Despois de facerse obvio para a sociedade que as mortes dos criminais son obra de alguén e non da casualidade, os seus simpatizantes póñenlle o alcume de Kira, que provén da pronunciación xaponesa da palabra inglesa killer (asasino).

L.Lawliet[editar | editar a fonte]

Artigo principal: L (Death Note).

Elle (ローライト・エル Rōraito Eru?) naceu o 31 de outubro de 1982 no anime e en 1979 no manga. É un brillante detective privado, que foi quen de descifrar os casos máis complicados de todo o mundo, e que ten a intención de atrapar a Kira para facer cumprir a lei. As súas deducións son brillantes. É coñecido en moitos países por ter traballado para eles, pero ninguén coñece a súa verdadeira identidade nin a súa faciana. Caracterízase polos seus ollos sempre con olleiras, o seu cabelo longo, negro e espeluxado, comer moitos doces, andar sempre descalzo, camiñar encollido, poñer o dedo polgar nos beizos e sentar e coller os obxectos dun xeito estraño. O seu nome real revélase notomo especial do manga nº 13, sendo L Lawliet. L morre a mans de Rem, que estaba sendo manipulada por Light para salvar a Misa. Na versión live action, el mesmo escribe o seu nome no Death Note dándose o máximo tempo posible para así "inmunizarse" contra os ataques de Kira e lograr que este revele a súa identidade, xa que se se escribe un nome máis dunha vez no caderno, só terá efecto a primeira vez e non terá en conta escritos posteriores.

Misa Amane[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Misa Amane.

Misa Amane (弥 海砂 Amane Misa?), naceu o 25 de decembro de 1984. É unha famosa ídolo do Xapón que sente devoción por Kira, pois foi Yagami quen acabou dando morte ó ladrón que asasinou ós seus pais. Misa posúe outro "Death Note" e úsao para transformarse no segundo Kira; por iso, intenta por tódolos medios contactar con Kira. Cando se atopa con Yagami, namórase del. Por iso decide axudar a Light na súa misión de limpar o mundo de criminais.

Misa obtivo o seu Death Note grazas a que o shinigami Jealous (en inglés significa celoso), namorouse dela e salvouna de morrer asasinando ó acosador que a ía matar. Por mor diso, Jealous morreu, traspasando o que lle quedaba de vida a Misa. Así que Rem, o shinigami que acompaña a Misa, decide entregarlle ese Death Note a ela, explicándolle que, ó sacrificarse Jealous por ela, o Death Note de Jealous pasa a ser agora seu.

Pouco despois de que Misa axudase a Light e de que este recuperase os seus recordos, Rem vese obrigada a matar a L por culpa de Light, que a pon nunha situación inevitable. Entón decátase de todo o plan de Light: ó matar a L, Rem alargou os anos de vida de Misa e morre.

Near[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Near (Death Note).

Near (ニア Nia?), cuxo nome real é Nate River (ネイト・リバー Neito Ribā?), é o menor dos dous sucesores de L, criados no orfanato de Watari para nenos superdotados (Wammy's House). Despois da morte de L, comeza a súa investigación do caso Kira. Despois da recolección de probas durante un período de catro años, Near dá a coñecer as súas conclusións ó Presidente dos Estados Unidos e revélase como o verdadeiro sucesor de L. Pouco despois, Near convértese no xefe da SPK e continúa a busca de Kira. Despois de facer contacto co novo "L" (Light Yagami), Near comeza a sospeitar que é Kira.

Mello[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mello (Death Note).

Mello (メロ Mero?), cuxo verdadeiro nome é Mihael Keehl (ミハエル=ケール Mihaeru Kēru?), é un orfo igual que Near, e estivo no orfanato de Watari para nenos superdotados. Tamén era un dos principais candidatos a converterse no sucesor de L. Cando recibiu a nova da morte de L, xurou vingarse atrapando a Kira. Para logralo, uniuse a un grupo de mafiosos, continuando despois o seu camiño por conta propia. Malia que Mello é moi intelixente, déixase dominar polos seus sentimentos e por iso decidiu atrapar a Kira sen importar os medios para así demostrarse superior a Kira, Near e L.

Aseméllase a L no seu gusto polos doces, e adoita comer chocolate. Despois da redada levada a cabo por Soichiro, desaparece por un tempo, pero reaparece co rostro queimado. Morre asasinado por Takada cun anaco do caderno, aínda que en realidade sacrifícase conscientemente para obrigar a Kira e ós seus aliados a cometer un erro que Near puidese recoñecer.