Mello (Death Note)
| Mello | |||
|---|---|---|---|
| Obra | |||
|
Presente na obra
| |||
| Biografía | |||
|
Data de nacemento
| |||
|
Data de falecemento
| |||
|
Sexo
| |||
| Actividade | |||
|
Ocupación
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Mihael Keehl (ミハエル・ケール Mihaeru Kēru?), coñecido co alcume de Mello (メロ Mero?), é un personaxe ficticio da serie manga Death Note, creaad por Tsugumi Ōba e Takeshi Obata. Mello é introducido na historia xunto a Near como o potencial substituto de L. Tanto Mello como Near foron criados en Wammy's House, o orfanato de Watari, o asistente de L. Porén, Mello rexeita traballar con Near para capturar ó asasino coñecido como "Kira". Para conseguilo el só, únese a unha mafia, conseguindo un Death Note, pero morre antes de poder revelar a identidade de Kira.
A personaxe de Mello foi creada, ó igual que a de Near, para rachar o ciclo sen fin de confrontacións entre o detective L e Light Yagami, a persoa detrás de Kira. Tanto Mello como Near foron deseñados despois de L, e inicialmente foron concibidos como xemelgos e fillos de L, pero esa idea foi descartada. A súa voz no anime é de Nozomu Sasaki.