Lista de volumes de Death Note

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este é unha lista dos volumes do manga Death Note (デスノート Desu Nōto?), creado no 2003 por Tsugumi Ōba e ilustrado por Takeshi Obata.[1] A serie céntrase en Light Yagami, un estudante de secundaria que atopa un caderno sobrenatural, chamado «Death Note», o cal é quen de matar persoas se se escriben os nomes nel e se o portador visualiza mentalmente a faciana de quen quere asasinar;[2] este caderno fora ciscado á Terra por un shinigami chamado Ryuk. Light intenta eliminar a tódolos criminais e crear un mundo onde non exista a maldade, pero os seus plans son frustrados por L, un famoso detective privado.[3] A serie está baseada nun one-shot que foi difundido por Shūeisha na revista Shōnen Jump. O capítulo especial conta a historia dun adolescente de trece anos de idade chamado Tarō Kagami (鏡太郎 Kagami Tarō?) que atopa un Death Note, pero non sabe como usalo.[4]

O manga comezou a publicarse en decembro de 2003 pola editorial Shūeisha, na revista semanal xaponesa Shōnen Jump, ata o seu final en maio de 2006 co décimo segundo volume, chegando a recoller os cento oito capítulos;[1] malia isto, despois de ter acabado o manga, creouse un volume especial chamado «How to Read» que se publicou o 13 de outubro de 2006.[5] Este volume adicional é unha guía que contén datos relativos á serie, anécdotas sobre a produción desta, o perfil de tódolos personaxes principais, ademais dunha copia do capítulo piloto no que se baseou o manga; o material tamén contén entrevistas exclusivas cos creadores da serie, Tsugumi Ōba e Takeshi Obata.[6]

O primeiro tankōbon —o formato dos volumes— de Death Note foi publicado o 2 de abril de 2004,[7] e o duodécimo e derradeiro tankōbon foi publicado o 4 de xullo de 2006.[8] En febreiro de 2008, Ōba e Obata crearon un novo one-shot igualmente difundido por Shūeisha na revista Shōnen Jump. O capítulo conta os sucesos que ocorren dous anos despois da fin do manga orixinal.[9]

Volumes[editar | editar a fonte]

Volume 1. Aburrimento[editar | editar a fonte]

  • 001. Aburrimento (退屈, Taikutsu).
  • 002. L (L, Eru).
  • 003. Familia (家族, Kazoku)
  • 004. Corrente eléctrica (電流, Denryū).
  • 005. Ollos (眼球, Gankyū).
  • 006. Manipulación (操作, Sōsa).
  • 007. Obxectivo (標的, Hyōteki).

Volume 2. Confluencia[editar | editar a fonte]

  • 008. Muller (女, Onna).
  • 009. Fendedura (穴, Ana).
  • 010. Confluencia (合流, Gōryū).
  • 011. Un (一, Hitotsu).
  • 012. Deus (神, Kami).
  • 013. Conta atrás (秒読, Byōyomi).
  • 014. Tentación (誘惑, Yūwaku).
  • 015. Teléfono (電話, Denwa).
  • 016. De cabeza (逆立, Sakadachi).

Volume 3. Arroutada furiosa[editar | editar a fonte]

  • 017. Lixo (芥, Gomi).
  • 018. Olladas (視線, Shisen).
  • 019. Humillación (屈辱, Kutsujoku).
  • 020. Vantaxe (先手, Sente).
  • 021. Especuacións (裏腹, Urahara).
  • 022. Desgraza (不幸, Fukō).
  • 023. Arroutada furiosa (激走, Gekisō).
  • 024. Escudo (盾, Tate).
  • 025. Parvo (馬鹿, Baka).

Volume 4. Amor[editar | editar a fonte]

  • 026. Caída (転倒, Tentō).
  • 027. Amor (恋心, Koigokoro).
  • 028. Decisión (判定, Hantei).
  • 029. Arma (武器, Buki).
  • 030. Bomba (爆弾, Bakudan).
  • 031. Doado (簡単, Kantan).
  • 032. Aposta (賭, Kake).
  • 033. Traslado (移動, Idō).
  • 034. Sacrificio (投身, Tōshin).

Volume 5. En branco[editar | editar a fonte]

  • 035. En branco (白紙, Hakushi).
  • 036. Pai e fillo (親子, Oyako).
  • 037. Oito persoas (八人, Hachinin).
  • 038. Golpe (打撃, Dageki).
  • 039. Separación (離別, Ribetsu).
  • 040. Compañeiros (仲間, Nakama).
  • 041. Matsuda (松田, Matsuda).
  • 042. Paraíso (天国, Tengoku).
  • 043. Negro (黒, Kuro).

Volume 6. Intercambio[editar | editar a fonte]

  • 044. Sucesor (後継, Atotsugi).
  • 045. Loucura (無茶, Mucha).
  • 046. Inadecuado (不向, Fumuki).
  • 047. Anticipación (先走, Sakibashiri).
  • 048. Intercambio (交換, Kōkan).
  • 049. Test (植木, Ueki).
  • 050. Yotsuba (四葉, Yotsuba).
  • 051. Erro (誤認, Gonin).
  • 052. Intre crucial (寸止, Sundome).

Volume 7. Cero[editar | editar a fonte]

  • 053. Berro (悲鳴, Himei).
  • 054. Interior (中, Naka).
  • 055. Creación (創造, Sōzō).
  • 056. Aperta (抱擁, Hōyō).
  • 057. Dúas opcións (二択, Nitaku).
  • 058. Segredo (胸中, Kyōchū).
  • 059. Cero (零, Zero).
  • 060. Secuestro (誘拐, Yūkai).
  • 061. Segundo (二番, Niban).

Volume 8. Obxectivo[editar | editar a fonte]

  • 062. Decisión (決断, Ketsudan).
  • 063. Obxectivo (的, Mato).
  • 064. Ángulo recto (直角, Chokkaku).
  • 065. Responsabilidade (責任, Sekinin).
  • 066. Morte (死亡, Shibō).
  • 067. Botón (釦, Botan).
  • 068. Descubrimento (発見, Hakken).
  • 069. Voo (飛翔, Hishō).
  • 070. Arrepío (身震, Miburui).

Volume 9. Contacto[editar | editar a fonte]

  • 071. Contacto (接触, Sesshoku).
  • 072. Verificación (確認, Kakunin).
  • 073. Auga estancada (背水, Haisui).
  • 074. Interpretación pasional (熱演, Netsuen).
  • 075. Recoñecemento (認知, Ninchi).
  • 076. Saúdos (挨拶, Aisatsu).
  • 077. Utilidade (利用, Riyō).
  • 078. Predición (予測, Yosoku).
  • 079. Claridade (白々, Shirajira).

Volume 10. Supresión[editar | editar a fonte]

  • 080. Limpeza (掃除, Sōji).
  • 081. Notificación (通告, Tsūkoku).
  • 082. Eu (自分, Jibun).
  • 083. Supresión (削除, Sakujo).
  • 084. Casualidade (偶然, Gūzen).
  • 085. Elección (当選, Tōsen).
  • 086. Xapón (日本, Nihon).
  • 087. Mañá (明日, Ashita).
  • 088. Conversa (会話, Kaiwa).

Volume 11. Unanimidade[editar | editar a fonte]

  • 089. Unanimidade (同心, Dōshin).
  • 090. Previo aviso (予告, Yokoku).
  • 091. Interrupción (停止, Teishi).
  • 092. Noite (夜, Yoru).
  • 093. Decisión (決定, Kettei).
  • 094. Exterior (外, Soto).
  • 095. Satisfactorio (納得, Nattoku).
  • 096. O outro lado (一方, Ippō).
  • 097. Variedade (色々, Iroiro).
  • 098. Todos (全員, Zen'in).

Volume 12. Final[editar | editar a fonte]

  • 099. Os dous (二人, Futari).
  • 100. Enfrontamento (対面, Taimen).
  • 101. Indución (誘導, Yūdō).
  • 102. Paciencia (我慢, Gaman).
  • 103. Anuncio (宣言, Sengen).
  • 104. Resposta (答, Kotae).
  • 105. Imposible (無理, Muri).
  • 106. Impulso asasino (殺意, Satsui).
  • 107. Telón (幕, Maku).
  • 108. Final (完, Kan).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Death Note (manga)" (en inglés). Anime News Network. Consultado o 5 de xaneiro de 2004. 
  2. Ōba, Tsugumi (2004). "Capítulo 1". Death Note, volume 1. Shūeisha. ISBN 4-08-873621-4. 
  3. Ōba, Tsugumi (2004). "Capítulo 2". Death Note, volume 1. Shūeisha. ISBN 4-08-873621-4. 
  4. "One-shots publicados dende o ano 2000 na revista Shōnen Jump" (en xaponés). Archived from the original on 17 de abril de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  5. "HOW TO READ" (en xaponés). Shūeisha. Consultado o 13 de xuño de 2008. 
  6. "Death Note volume 13, How to Read" (en inglés). Barnes & Noble. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  7. "DEATH NOTE —デス ノート— 1" (en xaponés). Shūeisha. Consultado o 4 de decembro de 2008. 
  8. "DEATH NOTE —デス ノート— 12" (en xaponés). Shūeisha. Consultado o 4 de decembro de 2008. 
  9. "One shot de Death Note" (en inglés). Anime News Network. Consultado o 19 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]