Death Note (filme de 2017)
| Death Note | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
Death Note é un filme estadounidense de suspense de fantasía negra baseado no manga xaponés homónimo creado por Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Foi dirixido por Adam Wingard, producido por Roy Lee, Dan Lin e Masi Oka e escrito por Charles Parlapanides, Vlas Parlapanides e Jeremy Slater. Está protagonizado por Nat Wolff, Lakeith Stanfield, Margaret Qualley, Shea Whigham, Paul Nakauchi, Jason Liles e Willem Dafoe. O filme conta a historia dun mozo de instituto de Seattle chamado Light Turner, que atopa un misterioso caderno co nome "Death Note". Con el, descobre a existencia dun terrorífico deus da morte chamado Ryuk que lle ensina como empregar o caderno, xa que é quen de causar a morte de calquera cuxo nome estea escrito nel. Light decide usar o caderno con boas intencións, pero é perseguido por un espelido detective simplemente coñecido como L, que quere capturar a Light polas súas accións.
Foi estreado en Netflix o 25 de agosto de 2017. Recibiu críticas dispares e unha acollida negativa por parte da audiencia. Foi eloxiado pola escolla dos actores, particularmente pola interpretación de Dafoe, alén do seu director, estilo visual e atmosfera. Porén, o guión do filme foi especialmente criticado así como a escolla de actores brancos en papeis xaponeses.[1][2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nat Wolff como Light Turner / "Kira"
- Lakeith Stanfield como L
- Margaret Qualley como Mia Sutton / "Kira"
- Shea Whigham como James Turner
- Paul Nakauchi como Watari
- Willem Dafoe e Jason Liles como Ryuk
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leon, Melissa (30 de setembro de 2015). The Daily Beast, ed. "Hollywood’s Anime Whitewashing Epidemic: Nat Wolff to Star in 'Death Note'". Consultado o 10 de abril de 2016.
- ↑ Jaworski, Michelle (13 de novembro de 2015). The Daily Dot, ed. "'Death Note' whitewashing accusations grow as it casts female lead". Consultado o 10 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Death Note na IMDb (en inglés).